Consorcio da Zona Franca de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 42:
Aluminios de Vigo, Ferroaleaciones de Vigo e, principalmente, Citroën Hispania, foron as empresas que primeiro aproveitaron as vantaxes fiscais da Zona Franca e consolidaron a súa orientación industrial. En 1956, a decisión da firma automobilística francesa de instalarse en Vigo foi un momento crucial. Por unha banda, porque a súa actividade chegaría a ser a fonte primordial dos recursos financeiros que permitiron ao Consorcio dotarse do perfil de institución de fomento económico que actualmente a caracteriza. Por outra banda, porque con ela naceu na cidade un novo sector industrial que, co tempo, impulsou a creación dun importante tecido de empresas auxiliares da industria do automóbil. Hoxe, o chamado [[clúster empresarial|clúster]] do automóbil, ademais de fornecer á factoría viguesa de pezas e compoñentes, prové a outras marcas automobilísticas e atrae a Vigo outras firmas multinacionais.
 
=== Normativa Europeaeuropea ===
A entrada de España na [[Comunidade Económica Europea]] en [[1986]] supuxo un cambio radical na configuración da Zona Franca. Por unha banda, España tivo que someterse á lexislación comunitaria, que non concibe as zonas francas como lugares industriais senón como puntos de entrada de produtos de países terceiros, sen impostos nin aranceis e, doutra banda, a economía pasaba a ser absolutamente aberta e a funcionar con outros parámetros.
 
Ante este novo escenario que lle facía perder o seu carácter industrial, o Consorcio tivo que reformular a función da Zona Franca. Foi entón cando se decidiu crear no porto unaunha área comercial destinada a servizos, loxística, almacenamento e apoio ao tráfico internacional. Pero tamén chegara o momento de utilizar o patrimonio acumulado para seguir potenciando o crecemento económico de Vigo e iniciar outro tipo de actividades. O Consorcio da Zona Franca non tardaría en converterse nunha axencia de desenvolvemento local.
 
=== Axencia de desenvolvemento económico ===