Wikipedia:Citar as fontes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Como crear a lista de citas: +{{Modelos de citas}}
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 28:
En particular, cómpre dar fontes cando exista [[WP:V#Material cuestionable ou suxeito a selo|material cuestionable ou suxeito a selo]]. Se non se poden atopar referencias para estes contidos, probablemente desaparecerán do artigo. As referencias tamén son necesarias ao citar as verbas dunha persoa ou ao parafrasear unha fonte. Porén, a cita das fontes non está limitada a estas situacións unicamente; engadir, aumentar ou mellorar as referencias é tamén unha boa forma de ampliar os artigos.
 
As páxinas de [[WikipediaAxuda:Homónimos|homónimos]] ''non'' conteñen citas, xa que calquera información contida nestas páxinas estará referenciada na páxina de seu. Tamén é recomendable deixar a introdución dos artigos sen referencias, dado que o único que fai é resumir a información que despois se tratará no desenvolvemento do artigo, no que si cómpren as referencias.
 
No caso das imaxes ou do resto de ficheiros multimedia, os detalles sobre a súa orixe e o estado dos dereitos de autoría deben aparecer na páxina do ficheiro. Os pés de foto deben ser referenciados como calquera outra parte do artigo. Non obstante, non é necesaria unha cita cando a descrición simplemente identifica o que aparece na imaxe.