Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 242:
=== Renacemento ===
{{Artigo principal|Renacemento}}
Ademais de estancar o proceso de innovación, a ''peste negra'' foi un dos factores que puxeron en xaque todo o modelo de sociedade que encontrara o seu apoxeo nos séculos anteriores. Pero o [[século XV]] viu o inicio do florecemento artístico e cultural do [[Renacemento]]. O redescubrimento de textos antigos foi facilitadafacilitado despois da [[Caída de Constantinopla]], a mediados do século XV, cando moitos eruditos [[Imperio Bizantino|bizantinos]] tiveron que buscar refuxio no occidente, especialmente en [[Italia]]. Ese novo influxo alimentou o interese crecente dos académicos europeos polos textos clásicos de períodos anteriores ao triunfo do [[cristianismo]] na cultura europea. No [[século XVI]] xa existía, paralelamente ao interese pola civilización clásica, un menosprezo pola Idade Media, que pasou a ser cada vez máis asociada a expresións como "barbarismo", "ignorancia", "escuridade", "gótico", "noite de mil anos" ou "sombrío".
 
[[Ficheiro:Da Vinci Vitruve Luc Viatour.jpg|miniatura|Unha das figuras emblemáticas de Leonardo: ''O Home de Vitrubio'', canon da figura humana.]]
O [[humanismo]] renacentista rompeu coa visión [[teocentrismo|teocéntrica]] e coa concepción filosófico-teolóxica medieval. Entón, conceptos como a dignidade do ser humano pasaron a estar en primeiro plano. Por outro lado, ese humanismo representou tamén unha ruptura coa importancia que se lle viña dando ás ciencias naturais desde o (re)descubrimento de [[Aristóteles]], no [[século XII]].
 
A pesar do florecemento artístico, o período inicial do Renacemento vese por algúns como un momento de estancamento nas ciencias. Hai pouco desenvolvemento de disciplinas como a física e a astronomía. O apego aos escritos antigos facíanfacía que as visións [[PtolomeuPtolomeo|Ptolomaicaptolomaica]] e [[Aristóteles|aristotélica]] do universo estiveran ainda máis enraizadas. En contraste coa [[escolástica (filosofía)|escolástica]], que supuña unha orde racional da natureza na cal o intelecto podería penetrar, o chamado [[naturalismo renacentista]] pasaba a ver o universo como unha creación espiritual opaca á racionalidade e que só podería ser comprendida pola experiencia directa; ao mesmo tempo, a filosofía perdeu moito do seu rigor cando as regras da lóxica pasaron a seren vistas como secundarias ante a intuición ou a emoción.
 
Por outro lado, a invención da [[imprenta]], que ocorrera simultaneamente á caída de Constantinopla, tería grande efecto na sociedade europea. A diseminación máis fácil da palabra escrita democratizou oa aprendizaxe e permitiu a propagación máis rápida de novas ideas. Entre esas ideas estaba a [[álxebra]], que fora introducida na Europa por [[Leonardo Pisano Fibonacci|Fibonacci]] no século XIII, pero que só se popularizou ao ser divulgada en forma impresa.
 
Esas transformacións facilitaron o camiño para a [[Revolución científica]], pero iso só ocorrería despois de que o movemento Renacentista chegarachegase ao norte da Europa, con figuras como [[NicolásNicolao Copérnico]], [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]] e [[René Descartes]]. Foron estas figuras as que levaron adiante os avances ensaiados polos sabios da Idade Media. Pero estes personaxes xa son moitas veces descritos como pensadores pre[[iluminismo|iluministas]], en vez de seren vistos como parte do renacemento tardío.
 
== O Cristianismo e o estudo da natureza ==