Wikipedia:Material ofensivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
En especial, con respecto ás imaxes, os editores frecuentemente teñen que escoller entre alternativas con distintos graos de potencial material ofensivo. Cando existan múltiples opcións igual de efectivas para amosar un determinado concepto, as opcións máis ofensivas non deben empregarse só polo propio motivo de "alardear" de ser ofensivas. As imaxes que conteñan material ofensivo superfluo, innecesario, irrelevante ou gratuíto ''non'' é preferente sobre o que non sexa ofensivo só por ir ''contra-censura''. No seu lugar, as imaxes deben xulgarse soamente baixo as políticas habituais de relevancia e neutralidade.
 
Seguindo as indicacións da [[wmf:Resolution:Controversial content|Fundación Wikimedia]], as imaxes controvertidas deben seguir o principio de "mínimao asombro": debe prevalecer a escolla de imaxes que respecten as expectacións convencionais dos lectores para un determinado tema, tanto coma sexa posible sen chegar a sacrifica-la calidade do propio artigo.
 
Por exemplo, os editores que escollan imaxes para artigos coma [[Corpo humano]] teñen miles de imaxes de corpos nús e partes corporais dispoñibles, pero adoitan escoller imaxes que amosan o corpo humano dunha forma non-emocional, en posicións anatómicas estándar e non-sexuais, por riba doutras imaxes que poden resultar máis ofensivas pero menos informativas. Seguindo este exemplo, as imaxes de corte máis sexual non se favorecen simplemente por ser máis ofensivas, senón que se escolle a imaxe máis neutral e informativa posible, aínda que esa mesma imaxe poda tamén resultar ofensiva para certos lectores.