Wikipedia:Material ofensivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 13:
=="Non censurada" non favorece especialmente ao contido ofensivo==
A [[Wikipedia:O que a Wikipedia non é#A Wikipedia non está censurada|Wikipedia non está censurada]], polo que os editores da mesma non deben eliminar material soamente por ser ofensivo, desagradable ou considerado non apropiado para certos lectores. Non obstante, isto non significa que a Wikipedia deba incluír material simplemente polo feito de ser ofensivo, nin que dito material se exclúa do resto de normas habituais en relación ao contido, coma por exemplo a [[Wikipedia:Punto de vista neutral|neutralidade]] e a [[Wikipedia:Verificabilidade|verificabilidade]].
 
En especial, con respecto ás imaxes, os editores frecuentemente teñen que escoller entre alternativas con distintos graos de potencial material ofensivo. Cando existan múltiples opcións igual de efectivas para amosar un determinado concepto, as opcións máis ofensivas non deben empregarse só polo propio motivo de "alardear" de ser ofensivas. As imaxes que conteñan material ofensivo superfluo, innecesario, irrelevante ou gratuíto ''non'' é preferente sobre o que non sexa ofensivo só por ir ''contra-censura''. No seu lugar, as imaxes deben xulgarse soamente baixo as políticas habituais de relevancia e neutralidade.