Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
{{ortografía}}
{{Artigo principal|Historia da ciencia}}
[[Ficheiro:God the Geometer.jpg|miniatura|230px|Deus creando o universo a través de [[xeometría|principios xeométricos]]. Frontispicio da ''Bible Moralisée'' (1215).]]
[[Ficheiro:Woman teaching geometry.jpg|miniatura|230px|Muller ensinando [[xeometría]]. Ilustración do libro ''[[Os elementos]]'', de [[Euclides]], n4na tradución atribuída a Adelardo de Bath (1309-1316).]]
A '''ciencia medieval''' refírese aos descubrimentos no campo da [[ciencia]] (ou ''[[filosofía|filosofía natural]]'', como se denominaba daquela) que ocorreron na [[Idade Media]], o período intermedio entre a [[Idade Antiga]] e o [[Renacemento]], que representa o comezo de [[Idade Moderna]], segundo a división tradicional dos períodos da historia da humanidade dentro da nosa cultura occidental.
 
Considérase xeralmente, desde un punto de vista evidentemente [[Europa|eurocentrista]], que, tras da caída do [[Imperio Romano|Imperio Romano de Occidente]] ([[476]] d.C.),<ref>A convención histórica determinou que o Imperio Romano de Occidente acabou o [[4 de setembro]] de [[476]], cando [[Odoacro]] depuxo a [[Rómulo Augústulo]]. Pero na práctica este asunto aínda é unha cuestión en debate. Porque [[Xulio Nepote]] reivindicou para si o titulotítulo de [[Emperador Romano]] de Occidente, gobernando a provincia de [[Dalmacia]], e foi recoñecido como tal polo emperador [[Imperio Bizantino|Bizantino]] [[Zenón I]] e por [[Siagrio]], que conseguira manter un enclave romano no norte da [[Galia]] (coñecido como [[Reino de Siagrio]]). Odoacro autoproclamouse gobernador de Italia e comezou a negociar con Zenón. Este concedeulle a Odoacro o ''status'' de [[patricio]] como unha forma de recoñecemento da súa autoridade, e aceptouno como o seu vicerrei en Italia. Pero ao tempo insistiu en que Odoacro prestase honras a [[Nepote]] como emperador occidental. Odoacro aceptou as condicións e até emitiu moedas co nome de Nepote en Italia. Pero iso foi, porén, só un xesto político baleiro, xa que Odoacro nunca devolveu a Xulio Nepote ningún poder político ou calquera territorio. Nepote despois foi morto, en [[480]], e Odoacro rapidamente invadiu e conquistou Dalmacia.</ref> gran parte de Europa (a Europa occidental) perdeu o contacto co coñecemento escrito, iniciándose a ''escura [[Idade Media]]''.
 
Pero cómpre ter en conta os avances tecnolóxicos e a evolución do pensamento científico do mundo oriental ([[civilización árabe-musulmá]]) e, en primeiro lugar, os do [[Imperio Bizantino]] que, herdeiro do saber latino, e cos saberes que tomou do mundo arabeárabe-musulmán, e mesmo dos da [[China]], foi decisivo na construción da ciencia moderna.
 
O período da Idade Media esténdese desde a data antecitada até [[1492]] (data do [[descubrimento de América]]) e coñece un desenvolvemento sen precedente das técnicas e das disciplinas científicas, a despeito dunha imaxe escurantista, propagada polos manuais escolares. Ademais, naNa actualidade, é común considerar o desenvolvemento da ciencia como un proceso continuo e gradual, cos seus antecedentes tamén medievais, e tamén na Europa occidental.
 
De todos os xeitos, erstáestá claro que a [[Europa Occidental]] entrou na Idade Media sumida en grandes dificultades que minaron a produción intelectual do continente. Os tempos eran confusos e perdérase o acceso aos tratados científicos da antigüidade clásica (en [[lingua grega|grego]]), quedando a penasapenas as compilacións resumidas e até deturpadas que os [[Imperio Romano|romanos]] traduciran para oao [[latín]].
 
Porén, co inicio do chamado [[Renacemento do século XII]], renovouse o interese pola investigación da [[natureza]]. A ciencia que se desenvolveu neste período áureo da filosofía [[escolástica (filosofía)|escolástica]] daba énfase á [[lóxica]] e avogaba polo [[empirismo]], entendendo a natureza como un sistema coherente de [[lei]]s que poderían ser explicadas pola [[razón]]. Foi con esta visión coa que os sabios medievais se lanzaron na procura de explicacións para os [[fenómeno]]s do universo e conseguiron avances importantes en áreas como a [[método científico|metodoloxía científica]] e a [[física]].<ref>Oliveira, Terezinha (xuño de 2007): ''Origem e memória das universidades medievais a preservação de uma instituição educacional'' [http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0104-87752007000100007&lng=pt&nrm=iso] (HTML). En ''Varia história'' 26 (37): páxs. 113-129. Belo Horizonte. DOI:10.1590/S0104-87752007000100007. ISSN 0104-8775. Consultada o 10 de maio de 2011. {{pt}} </ref> Estes avances foron repentinamente interrompidos pola [[peste negra]], e son case descoñecidos para a maior parte do público contemporáneo, que moitas veces aínda considera o período medieval como unha suposta ''[[Ciencia medieval#Idade das Tebras?|Idade das Tebras]]''.
 
E, deDe acordo con Pierre Duhem, que pensa que os estudos académicos da ciencia medieval están fundados na crítica que os [[positivismo|positivistas]] da época ''das [[Ilustración|Luces]]'', no [[século XVIII]], antiaristotélicos e anticlericais, pódense ver as orixes conceptuais de varios avances da ciencia no renacemento do século XIII, entre os [[século XII|séculos XII]] e [[século XIV|XIV]], nas obras de eclesiástcioseclesiásticos como [[Tomé de Aquino]] e [[Jean Buridan]].<ref>Duhem traballou nasen ''Les origines de la statique'' en 1903, cando topou coas referencias de Jordanus Nemorarius. Isto provocou o seus sagaces estudos sobre a ciencia e a cosmoloxía medieval, que apareceron por primeira vez publicados en 1913 como ''Le Système du monde'' (só cinco dos seus dez volumes foron publicados antes da súa morte). Foron traducidos para oao inglés por Roger Ariew baixo o título ''Medieval Cosmology''. Cf. [http://www.gap-system.org/~history/Printonly/Duhem.html Pierre Maurice Marie Duhem]. {{en}}</ref> <ref>Jordanus Nemorarius foi un matemático do século XIII do que se teñen poucos datos. Coñécense varios traballos seus, pero non se sabe nada da súa vida. O dominico inglés Nicolás Triveth nunha crónica, identifícao con Jordanus Saxo ou Xordán de Saxonia, quen en 1222 fora o sucesor de San [[Domingos de Guzmán]] como superior da orde, e a quen atribúe as obras de Nemorarius ''De ponderibus Jordani'' e ''De lineis datis Jordani''. Sobre esta base afírmase que naceu en Borgentreich, (actualmente distrito de Höxter, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, e que morreu nun naufraxio. Porén, Hughes (1981) cuestiona esta identificación, porque nin Nemorarius se identifica como sacerdote, nin como Saxo, nin o superior dominico referíresese refire como Nemorarius nos documentos da época, nin o nome de Jordanus Nemorarius aparece en ningunha lista de clérigos. A única referencia probada é unha nota de 1250 de Richard de Fournival, chanceler da Catedral de Amiens, que enumera as obras que desexaba obter para a biblioteca, e inclúe catro libros de "Jordanus Nemorarius".</ref>
 
== Historia da ciencia na Europa medieval ==
 
Acostúmase dicir, e non sen razóns, que os [[Imperio Romano|romanos]] eran un pobo de orientación práctica. A pesar de estaren marabillados cos descubrimentos do pasado [[Grecia antiga|grego]], non chegaron a formaren novas institucións que buscaranbuscasen especificamente entender o universo ou o mundo natural.
 
Os verdadeiros centros de produción de [[coñecemento]] do Imperio Romano localizábanse no seu lado oriental, de cultura grega, no chamado [[período helenístico]]. Fundáranse antes do dominio romano e xa non mantiñan a mesma forza creativa de períodos anteriores.<ref> William Stahl (1962): ''Roman Science'', Madison: Univ. of Wisconsin, 1962, páxs. 120–33.</ref> <ref>Edward Grant (1996): ''The Foundations of Modern Science in the Middle Ages''. Cambridge University Press. páxs. 13–14. ISBN 0-521-56137-X </ref> <ref>Ronan, Colin A., "6. Ciência Romana e Medieval", Jorge Zahar Editor / Círculo do Livro S.A., ''História Ilustrada da Ciência da Universidade de Cambridge'', Volume II, São Paulo, Brasil, 1987. páxs. 130-158.</ref>
 
Como a clase rica do Imperio era [[Bilingüismo|bilingüe]], non se sentía a necesidade de traducir os tratados científico-filosóficos producidos pola civilización grega. E así, era común encontrar compilacións resumidas das principais correntes do pensamento grego en [[lingua latina|latín]]. Estes resumos eran lidos e discutidos nos espazos públicos da axitada vida social romana.
 
Durante o proceso de desestruturación do [[Imperio Romano de Occidente]], o occidente europeo foi pouco a pouco perdendo contacto co oriente, e a lingua grega acabou por ser esquecida. Deste modo, a [[Europa Occidental]] perdeu o acceso aos tratados orixinais dos filósofos clásicos, quedando a penasapenas coas versións truncadas deste coñecemento que foran anteriormente traducidas. Sería como se perdésemos case todos os traballos científicos e nos quedasen só textos de revistas destinadas ao consumo popular.
 
Sería como, se nos días de hoxe, perdésemos case todos os traballos científicos e nos quedase a penas parte dos textos de revistas destinadas ao consumo popular.
 
=== Idade Media antiga ===