Diprotodontes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 29:
Hoxe viven en [[Australasia]], como mínimo, 53 especies de diprotodontes, desde as que non superan o talle dunha rata a grandes animais do tamaño de un home. Unhas, poboan o árido deserto central de [[Australia]], e outras as [[Selva tropical|selvas tropicais húmidas]], pero todos son [[fitófago]]s, a excepción da rata almiscreira marsupial (''[[Hypsiprymnodon moschatus]]''), que tamén se alimenta de [[insectos]].<ref>Rodríguez de la Fuente (1970), p. 39.</ref>
 
Recluídos na lonxana Ausralia e illas próximas, tardaron longo tempo en ser coñecidos polos europeos. En [[1629]] o capitán neerlandés [[Francisco Pelsaert]] encallou co seu barco, o ''Batavia'', nunha illa do litoral occidental de Australia. A el débese a primeira descriciópn dos canguros, dos que dixo: "atopamos nestas illas un gran número dunha especie de gatos que son moi estrañas criaturas; teñen aproximadamente o tamaño dunha lebre e a súa cabeza parece a dunha civeta; as súas patas anteriores son moi curtas..." Tratábase dun pequeno canguro chamado tammar (''Wallabia eugenii''), pero o relato do seu descubridor pasou practicamente inadvertido.<br>Durante todo o [[século XVII]], diversos [[exploración|exploradores]] fixeron mención de estraños gatos, cans, lebres ou cordeiros entrevistos nas terras do sur, pero houbo que esperar a outro accidente de navegación, máis de 150 anos despois do de Pelsaert, para que os canguros foran realmente descubertos polos [[naturalista]]s europeos.<br>O famoso ''[[HMBHMS Endeavour|Endeavour]]'', baixo o mando do [[James Cook|capitán Cook]], arribou aos [[arrecife de coral|arrecifes de coral]] no nordeste de Austrtalia en [[1770]], e a súa tripulación debeu de permanecer cerca de tres meses en terra. Cook escribiu entón acerca duns animais "que se moven correndo e saltando sobre as súas patas posteriores" e que "non se parecen en nada a nigún dos animais europeos que eu vin". Foi Cook que os denominou ''kangaroo'', segundo a pouco clara denominación que lles daban os indíxenas, e o seu relato causou sensación.<ref>Rodríguez de la Fuete (1970), pp. 39-40.</ref>
 
== Evolución ==