Fútbol Club Barcelona (balonmán): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxo no apelido Urdangarin, que se escribe sen til
m Bot: Cambio o modelo: DINb; cambios estética
Liña 40:
O pavillón no que o FC Barcelona xoga os seus partidos como local é o [[Palau Blaugrana]], con capacidade para 8.250 espectadores.
 
== Historia ==
=== Balonmán a 11 ===
A sección de balonmán fundouse oficialmente o [[29 de novembro]] de [[1942]] da man dos directivos Joan Padró e Josep Tost, a pesar de que se teñen referencias de partidos amigables disputados polo FC Barcelona dende os anos 30.
 
Liña 48:
Os éxitos do balonmán comezaron ben cedo. Conseguiu o dobrete do [[Campionato de Cataluña de Balonmán a 11|Campionato de Cataluña]] e de [[Campionato de España de Balonmán a 11|España]] durante tres tempadas consecutivas a mediados dos anos 40. Estes triunfos completáronse con dous dobretes máis en [[1949]] e [[1951]]. Na década dos 50, el equipo azulgrana gañou catro campionatos máis de Cataluña e un de España.
 
=== Consolidación do balonmán a 7 ===
Os primeiros éxitos na nova modalidade de sete xogadores e en pista cuberta tardaron en chegar, de feito o equipo blaugrana tivo que agardar ata finais da década dos 60, en concreto ata a tempada [[1968]]-[[1969|69]], cando conseguiu o dobrete de [[Liga ASOBAL|Liga]] e [[Copa do Rei de Balonmán|Copa do Rei]]. A construción e inauguración do Palau Blaugrana, que ofreceu un espazo propio e maior para as seccións en pista cuberta do FC Barcelona, serviu para consolidar o novo modelo. Se ben durante a década dos 70, onde dominaban o [[BM Granollers|Granollers]], o [[Club Balonmano Calpisa|Calpisa]] e o [[Atlético de Madrid (balonmán)|Atlético de Madrid]], só se conseguiron dúas Copas e unha Liga.
 
=== A época dourada e o dominio europeo ===
A década dos 80 comezou con dous títulos de Liga e unha Copa do Rei, e coincidindo coa chegada de [[Valero Rivera]] a dirección técnica do equipo en [[1984]] foi cando comezou unha época ateigada de títulos. Dende aquela e durante dúas décadas, a sección conseguiu numerosos éxitos tanto nas competicións españolas como en Europa. O FC Barcelona foi o claro dominador do balonmán español, conseguindo cinco títulos de liga de xeito consecutivo entre [[1987]] e [[1992]] e outras cinco dende [[1995]] ata o [[2000]], ademais de proclamarse nove veces campión da Copa do Rei ata o ano [[2000]].
 
A hexemonía do Barcelona nas competicións españolas traduciuse tamén a nivel continental. O conxunto culé, liderado por Serrano e Sagalés, gañou tres [[Recopa de Europa de balonmán|Recopas de Europa]] consecutivas a mediados dos 80. Ademais, se conquistou a súa primeira Copa de Europa en [[1991]] e dúas Recopas consecutivas a mediados dos 90. Dende [[1996]] ata o [[2000]], o equipo de Valero Rivera conquistou cinco [[EHF Copa de Europa|Copas de Europa]] de xeito consecutivo, algo que nunca ningún outro equipo conseguira e que dificilmente se repetirá. Este dominio completouse con catro [[Supercopa de Europa de balonmán|Supercopas de Europa]] consecutivas.
 
=== O final dunha época ===
Na tempada [[2003]]-[[2004|04]] Valero Rivera deixou a dirección técnica do equipo xunto cun dos mitos do balonmán barcelonista, [[Enric Masip]]. Con eles, xunto con [[Iñaki Urdangarin|Urdangarin]], [[Rafael Guijosa|Guijosa]], [[Antonio Calos Ortega|Ortega]], [[Andreii Xepkin|Xepkin]] e [[Xavier O'Callaghan|O'Callaghan]] entre outros, púxose fin ao ''Dream Team'' do balonmán. A saída de Rivera e a chegada ao banquillo de [[Xesco Espar]], con Masip e O'Callaghan como responsables da sección significou un troco importante, os bos resultados continuaron, mais cun notable baixón respecto da época dourada que acababa de atravesar, conseguindo tan só unha Copa de Europa no [[2005]].
 
O dominio do balonmán europeo e nacional pasou ás mans do [[Balonmano Ciudad Real|BM Ciudad Real]] durante unas anos ate que un novo FC Barcelona dirixido por [[Xavier Pascual Fuertes|Xavi Pascual]] e capitaneado por [[László Nagy]] fíxose coa súa 18ª [[Liga ASOBAL 2010/11|liga española]] e coa súa 8ª [[EHF Copa de Europa|Copa de Europa]] na tempada 2010-11.
 
== Xogadores ==
=== Plantilla 2011-2012 ===
* '''Adestrador''': [[Xavier Pascual Fuertes|Xavi Pascual]]
Liña 74:
| valign="top" |
*   1 - {{SWEb}} [[Johan Sjostrand]] - Porteiro
*   3 - {{DINbDNKb}} [[Jesper Brian Noddesbo]] - Pivote
*   6 - {{ESPb}} [[Juanín García]] - Extremo esquerdo
*   8 - {{ESPb}} [[Víctor Tomás]] - Extremo dereito
Liña 101:
 
|}
=== Números retirados ===
O club retirou os seguintes dorsais como homenaxe a algúns dos xogadores mais importantes da historia deste equipo de balonmán:
* '''2''' - [[Óscar Grau]]
Liña 111:
 
== Palmarés ==
=== Títulos europeos ===
* '''8 [[EHF Copa de Europa|Copas de Europa]]''': [[Copa de Europa de balonmán 1990-91|1990-91]], [[Copa de Europa de balonmán 1995-96|1995-96]], [[Copa de Europa de balonmán 1996-97|1996-97]], [[Copa de Europa de balonmán 1997-98|1997-98]], [[Copa de Europa de balonmán 1998-99|1998-99]], [[Copa de Europa de balonmán 1999-00|1999-00]], [[Copa de Europa de balonmán 2004-05|2004-05]], [[Copa de Europa de balonmán 2010-11|2010-11]]
 
Liña 121:
 
* '''12 [[Liga dos Pireneos|Ligas dos Pireneos]]''': 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 2005, 2006, 2007, 2009, 2010, 2011
=== Títulos nacionais ===
* '''20 [[Liga ASOBAL|Liga ASOBAL/Liga Española]]''': [[División de Honra de balonmán 1968/69|1968-69]], [[División de Honra de balonmán 1972/73|1972-73]], [[División de Honra de balonmán 1979/80|1979-80]], [[División de Honra de balonmán 1981/82|1981-82]], [[División de Honra de balonmán 1985/86|1985-86]], [[División de Honra de balonmán 1987/88|1987-88]], [[División de Honra de balonmán 1988/89|1988-89]], [[División de Honra de balonmán 1989/90|1989-90]], [[Liga ASOBAL 1990/91|1990-91]], [[Liga ASOBAL 1991/92|1991-92]], [[Liga ASOBAL 1995/96|1995-96]], [[Liga ASOBAL 1996/97|1996-97]], [[Liga ASOBAL 1997/98|1997-98]], [[Liga ASOBAL 1998/99|1998-99]], [[Liga ASOBAL 1999/00|1999-00]], [[Liga ASOBAL 2002/03|2002-03]], [[Liga ASOBAL 2005/06|2005-06]], [[Liga ASOBAL 2010/11|2010-11]], [[Liga ASOBAL 2011/12|2011-12]], [[Liga ASOBAL 2012/13|2012-13]]
 
Liña 132:
* '''6 [[Campionato de España de Balonmán a 11|Campionatos de España a 11]]''': 1944-45, 1945-46, 1946-47, 1948-49, 1950-51, 1956-57
 
=== Títulos rexionais ===
* '''10 [[Campionato de Cataluña de Balonmán a 11|Campionatos de Cataluña a 11]]''': 1943-44, 1945-46, 1946-47, 1948-49, 1950-51, 1956-57
 
* '''12 [[Liga Catalá de Balonmán|Ligas catalás]]''': 1981-82, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1986-87, 1987-88, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 1993-94, 1994-95, 1996-97
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Futbol Club Barcelona]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fcbarcelona.com Web oficial del FC Barcelona]
 
{{Futbol Club Barcelona}}
 
[[Categoría:Futbol Club Barcelona]]
[[Categoría:Equipos de balonmán de Cataluña|Barcelona]]