Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

sen resumo de edición
{{Resumo|Esta é unha guía para identificar fontes fiables. A política correspondente atópase en [[Wikipedia:Verificabilidade]]. A verificabilidade require [[Wikipedia:Citar as fontes|citar as fontes]] para a información incluída nos artigos, en particular a susceptible de ser cuestionada, e para tódalas citas atribuídas.}}
 
Os artigos da Wikipedia deben basearse en '''[[Wikipedia:Verificabilidade#Fontes acreditadas|fontes acreditadas e fiables]]''', asegurándose que '''tódalostódolos puntos de vista maioritarios e minoritarios''' que fan aparición nesas fontes se tratan no artigo (vexa [[Wikipedia:Punto de vista neutral]]). Se non se poden atopar fontes fiables dun tema concreto, [[WP:NON|a Wikipedia non debería ter un artigo sobre ese tema]].
 
Esta guía trata sobre a fiabilidade de varios tipos de fontes. A política sobre as fontes é [[Wikipedia:Verificabilidade]], que require [[Wikipedia:Citar as fontes|citar as fontes]] para a información incluída nos artigos, en particular a susceptible de ser cuestionada, e para tódalas citas atribuídas. A política debe aplicarse de forma máis estrita posible en todo o material dos artigos, listas e seccións dos artigos, sen excepcións, e en particular nas [[Wikipedia:Biografías de persoas vivas|biografías de persoas vivas]], que indica o seguinte:
* A obra ou publicación en si mesma (o artigo, libro, web etc.)
* O creador da obra (o escritor, xornalista etc.)
* O publicadorque dapublica a obra (por exemplo, [[Edicións Xerais de Galicia]] ou [[Cambridge University Press]])
 
'''Calquera destes tres significados poden afectar á fiabilidade.''' As fontes fiables poden ser materiais publicados baixo un proceso de publicación fiable, autores considerados coma autoridades no tema en cuestión, ou ámbalas dúas cousas. Estas cualificacións deben ser demostrables a terceiros.
==Algúns tipos de fontes==
{{VT|Wikipedia:Verificabilidade#Fontes_acreditadas}}
Moitos artigos da Wikipedia dependen material académico. De estar dispoñible, as publicacións académicas e revisadas, investigacións académicas e libros publicados adoitan ser as fontes máis fiables. Porén, algúns materiais académicos poden estar desactualizadosdesfasados, en competición con teorías alternativas, ou ser controvertidos no campo relevante. Débese tentar citar o consenso académico no tema cando este exista. Fontes non académicas pero fiables tamén se poden empregar en artigos sobre temas académicos, en particular material de publicacións ben establecidas. A decisión de quéque fontes son apropiadas dependerá sempre do contexto en cada caso.
 
===Fontes académicas===
*Teña precaución con publicacións de intención promocional para certos puntos de vista. Unha declaración de ter recibido revisión académica non sempre é indicación de que a publicación sexa respectada. As publicacións non revisadas polo conxunto da comunidade académica non se consideran fontes fiables, agás para amosar os puntos de vista dos grupos representados por ditas publicacións.
 
*Algunhas publicacións poden semellar fiables máis non son de calidade e non realizan revisións de contido. Existen publicacións que inclúen calquera material recibido sempre que o autor estea disposto a pagar unha tarifa, ou publicacións de dubidosa reputación que imitan os nomes doutras xa establecidas e fiables.<ref>{{Cita web|url=http://scholarlyoa.com/2012/11/30/criteria-for-determining-predatory-open-access-publishers-2nd-edition/|título=Criteria for Determining Predatory Open-Access Publishers|edición=2ª|páxina-web=Scholarly Open Access|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|título=Who's afraid of peer review?|revista=Science|data=4 de outubro de 2013|volume=342|número=6154|páxinas=60&ndash;65|doi=10.1126/science.342.6154.60|lingua=en}}</ref> A calidade dunha publicación pode comprobarse revisando as acreditacións da súa xunta editorial e confirmando a súa inclusión nos [[índice de citación|índices de citacións]] relevantes.
 
===Medios de comunicación===
As fontes de novas adoitan incluír tanto contido baseado en feitos coma contido de opinión. A difusión de novas por parte de medios de comunicación ben establecidos considérase xeralmente unha fonte fiable para afirmacións sobre feitos concretos, aínda que, en ocasións, incluso os medios de máis reputablesreputación poden difundir información errada. A difusión de novas por parte de medios menos establecidos considérase xeralmente menos fiable para afirmacións sobre feitos concretos. Moitos xornais inclúen tamén artigos proporcionados por [[axencia de novas|axencias de novas]] coma [[BBC News]], [[Reuters]], [[Agence France-Presse]] ou [[Associated Press]], que son os responsables neses casos da veracidade da información. A axencia de novas responsable do artigo fonte debe engadirse sempre nas citacións, a maiores do xornal que publique a información.
 
Os comentarios editoriais, análises e pezas de opinión, escritas polos editores da publicación ou autores externos, son fontes primarias fiables para afirmacións atribuídas ao propio editor ou autor, pero case nunca son fiables para referenciar afirmacións sobre feitos concretos.
 
===Consenso académico===
As afirmacións que indiquen que todos ou a maioría de científicos ou estudosos dun tema comparten un certo punto de vista require unha fonte fiable que indique directa e claramente que todos ou a maioría deles comparten dito punto de vista. Expresado doutra forma, calquera afirmación na Wikipedia que indique que existe un consenso académico sobre un determinado tema debe ir acompañada dunha fonte fiable no canto de ser feita en base á opinión ou evaluaciónavaliación dos editores do artigo.
 
===Uso por outras fontes===
195.117

edicións