Wikipedia:Ficción: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
 
A Galipedia posúe unha gran cantidade de artigos sobre temas relacionados coa '''[[ficción]], [[universo de ficción|universos de ficción]]''' e elementos dos mesmos. Cando se crea un artigo novo de tales características, debe establecerse a súa '''importancia no mundo real citando [[Wikipedia:Verificabilidade|fontes independentes e confiablesverificables]]''', que demostren que existe suficiente información relacionada como para redactar un artigo '''[[Wikipedia:Artigos de calidade|ben escrito, completo e baseado nos feitos]]'''.
 
O redactor debe considerar ''que'' escribir sobre o tema, e ''como'' presentar esa información. Ambas cuestións son complementarias, e deben considerarse de forma simultánea.
 
== A perspectiva do mundo real ==
Os artigos de temas de ficción deben empregar o [[realidade|mundo real]] como o seu principal [[marco de referencia]], e non o establecido polo propio traballo de ficción. A idea é describir o tema do artigo ''desde a perspectiva do mundo real'', á quque pertencen o traballo de ficción, a súa publicación e o contexto que lle dá orixe. Utilízanse fontes primarias '''e''' secundarias.
 
Por exemplo, considere ao personaxe [[Bart Simpson]]. A forma correcta de describilo é "''Bart Simpson é un personaxe ficticio da serie televisiva ''Os Simpson'', creada pola XX Century Fox, e apareceu por primeira vez nunha curta no ''Tracy Ullman Show''...''". A forma incorrecta de describilo é "''Bart Simpson é o fillo maior da familia Simpson, de Springfield, cursa cuarto grado da escola primaria e o seu mellor amigo é Milhouse Van Houten''".
Liña 33:
* Ordenar traballos secuenciais pola súa cronoloxía ficticia, no lugar da súa cronoloxía real.
 
Debe terse coidado coa descrición das tramas que apelen a recursos de [[metaficciónmeta-ficción]], coma mencións dentro da mesma ao propio autor, circunstancias da publicación real ou paralelismos deliberados, ou temáticas como a prensa ou a opinión pública. A descrición debe ser clara e permitir apreciar con claridade cando se fala de algo real e cando dun elemento da trama, sexa esta completamente ficticia ou con elementos metaficticiosmeta-ficticios.
 
===O marcador {{tlx|Ficción}}===
Liña 44:
== Fontes primarias e secundarias ==
=== Información primaria ===
A ''información primaria'' é a información que se orixina en fontes primarias, coma o propio traballo de ficción ou outro traballo pertencente ao seu mesmo universo (por exemplo, outro episodio dunha mesma serie). Aínda mantendo un estrito seguimientoseguimento do punto de vista do mundo real, todo artigo de ficción debe recorrer en certa medida a devanditas fontes primarias. Algúns exemplos de información con orixe en fontes primarias son:
* Habilidades e limitacións de conceptos completamente ficticios (maquinarias de ciencia ficción, criaturas orixinais, superpoderes, maxia, etc.), necesarios para comprender a trama.
* Contexto dos personaxes ficticios: motivacións, personalidade, relacións con outros personaxes.
Liña 57:
Algúns exemplos de información secundaria útil son os seguintes:
* Autor/es ou creador/es
* Outras figuras importantes do proceso creativo, como directores ou productoresprodutores
* A empresa que produce ou publica o produto
* O deseño e formato
* Factores do mundo real reflectidos na historia ou que inflúan na mesma ou nas circunstancias da súa publicación.
* DoblaxesDobraxes a outros idiomas, se a obra orixinal é en galego, ou os doblaxesdobraxes ao galego si é noutro idioma diferente.
* Recepción do público e crítica.
* Niveis de vendas
Liña 72:
 
=== Extensión ===
A sección de trama debe describir a trama de forma completa, de principio a fin, sen omitir deliberadamente ou comentar en forma enigmática os aspectos máis trascendentestranscendentes, aínda que a obra poida perder impacto dramático para o posible lector ou espectador se se indican desta forma. '''[[Wikipedia:Revelación da trama|A Galipedia pode revelar tramas]]''' tódalas veces que se considere necesario para axudar a escribir un artigo veraz e completo.
 
Con todo, '''isto non significa que todo o que ocorra na trama deba describirse punto por punto e escena por escena'''. Evite dar voltas ao redor de aspectos intrascendentesintranscendentes, concéntrese en non perder de vista cales son os eixos da trama e procure que a sección non medre máis ca o resto do artigo.
 
Para definir se un aspecto ou detalle debería ser mencionado ou omitido, pode facer as seguintes preguntas.