Tom Pryce: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencias
Liña 24:
 
== Vida Persoal e principios ==
Tom Pryce naceu o 11 de xuño 1949 en [[Ruthin]], [[Denbighshire]], [[Gales]] fillo de Jack e Gwyneth Pryce. Jack servira na [[Royal Air Force]], como artilleiro nun [[Avro Lancaster|Lancaster bomber]], antes de unirse ao corpo de policía local. Gwyneth era enfermeira do distrito.<ref name="Beginnings 1">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=27}}</ref>
 
Pryce comezou a interesarse polos coches cando conducía a furgoneta do panadeiro á idade de 10, antes de informar aos seus pais que quería ser piloto de carreiras. Con todo, durante unha entrevista con [[Alan Henry]] en 1975, declarou que el quixera ser piloto de aviación, pero pensou que non era o suficientemente intelixente.<ref name="Beginnings 2"/> Do mesmo xeito que moitos futuros pilotos de Fórmula Un, Pryce tiña un heroe das carreiras da infancia. No seu caso tratábase do piloto [[Escocia|escocés]] de [[Team Lotus|Lotus]] [[Jim Clark]].<ref name="Beginnings 1" /> A nai de Pryce recordou que estaba moi molesto cando Clark morreu no [[Hockenheim]] en abril de 1968. O seu pai tamén sinalou que "estaba moi molesto cando [[Jochen Rindt]] tamén morreu". Logo de deixar a escola aos 16 anos, a nai de Pryce insistiu en fixera un curso como mecánico de tractores no Llandrillo Technical College, dándolle " algo ao que poder recorrer ", segundo as súas propias palabras, si a súa carreira como piloto de carreiras non tivera éxito.
 
En 1975, casou con Fenella Pryce, máis comunmente coñecida como Nella, a quen coñeceu nunha discoteca en [[Otford]] en 1973.<ref>{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=120}}</ref> Trala morte do seu marido, Nella pasou a dirixir unha tenda de antigüidades en [[Fulham]] con Janet Brise, viúva de [[Tony Brise]].<ref>{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=257}}</ref>
 
== Casco de deseño ==
O deseño do casco de Tom Pryce era, en comparación cos vindeiros, simple e limitado. O seu casco era todo branco liso ata 1970, cando Pryce estaba correndo en [[Circuíto de Castle Combe|Castle Combe]] e o seu pai pediulle a Tom que fixera lago no seu casco para que destácase máis e poder identificalo facilmente nun grupo de coches. Pryce engadiu cinco liñas verticais negras ao seu casco, xusto encima da viseira.<ref name="Helmet">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=34}}</ref> A partir dese momento o único cambio neste deseño foi a adición dunha [[bandeira de Gales]] á beira do seu casco en {{f1|1974}}. [[Goodyear Tire and Rubber Company|Goodyear]] foi o único nome de patrocinador en aparecer no casco de Pryce.
 
== Carreira ==
=== Pre - Fórmula Un ===
==== 1969-1971: Primeiros anos ====
Os primeiros pasos de Pryce no automobilismo foron no [[Circuíto de Mallory Park]] en [[Leicestershire]] cando tiña 20 anos de idade. Pryce foi apoiado durante os seus primeiros pasos por [[Trevor Taylor]], un expiloto do [[Team Lotus]] e antigo compañeiro de infancia do heroe de Pryce Jim Clark. Máis tarde converteuse nunha estrela das series [[Fórmula 5000]]. A partir de aí, Pryce pasou a competir no ''[[Daily Express]] Crusader Championship'', unha serie dirixida por ''Motor Racing Stables'' para os alumnos da escola de carreiras usando coches [[Lotus 51]] da [[Fórmula Ford]]. Alternaron carreiras entre os circuítos de [[Brands Hatch]] e [[Circuíto de Silverstone|Silverstone]], Pryce fixo o seu debut no primeiro. "Cada carreira custaba 35 [[libra esterlina|libras]], pero vendín o meu [[Mini]] e os meus pais ofrecéronme toda a axuda e o estímulo que podería desexar". Contoulle Pryce a [[Alan Henry]].<ref name="Early Career 1">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22|pages=29}}</ref>
 
O premio para o gañador da serie era un [[Lola Cars|Lola T200]] de [[Fórmula Ford]] valorado en 1.500 £. A serie decidiuse na última rolda, celebrada en [[Circuíto de Silverstone|Silverstone]], o día antes do [[International Trophy]] de Fórmula 1 de 1970, Pryce clasificou na terceira fila para a carreira, que tivo lugar sobre mollado. Jack Pryce recordaba que o seu fillo cofábase as mans con deleite: "el sempre amou correr baixo a choiva". A primeira parte da carreira foi liderada por un condutor chamado Chris Smith, pero cando comezou a choiva Pryce foi capaz de alcanzar a Smith e de gañar a carreira por unha cómoda marxe.<ref name="Early Career 2">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22|pages=30}}</ref>
 
Pryce estreou o seu novo coche en Brands Hatch, trasladándose a vivir a un casa de hóspedes en [[West Kingsdown]], cerca do circuíto de Brands Hatch.<ref name="Early Career 3">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22|pages=31}}</ref> Pryce continuou a facerse un nome por si mesmo en 1971, entrando nunha nova categoría de coches deportivos biprazas chamada ''Formula F100'', que gañou co que o comentarista de automobilismo [[David Tremayne]] describiu como "vergonzosa facilidade". Logo trasladouse á [[Fórmula Super Vee]]<ref name="F100">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22 |pages=35}}</ref> e pronto fixo o seu debut na [[Fórmula 3]] en Brands Hatch.
 
==== 1972-1973 : Fórmulas inferiores ====
{{Cadro de citas centro|"Eu estaba dando voltas ao redor co coche cando de súpeto vin a [[Peter Lamplough]] que viña directamente cara a min, eu non o podía crer. Quedeime inmóbil no sitio. A seguinte cousa que recordo é ser recollido da fiestra dunha tenda, onde o meu coche fora arroxado polo impacto"|Tom Pryce<ref name="F3 3">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22|pages=61}}</ref>|largo=40%|aliñamento=dereita}}
 
Na carreira en Brands Hatch, Pryce logrou cun [[Royale RP11]] o primeiro lugar na carreira de fórmula 3 na previa da [[Carreira de Campións (Brands Hatch)|Carreira de Campións]] de Fórmula 1 de 1972 contra moitos pilotos consagrados de fórmula 3 como [[Roger Williamson]], [[Jochen Mass]] e [[James Hunt]].<ref name="F3 1">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22|pages=56}}</ref> Tan grande era a vantaxe de Pryce no final da carreira, que moitos participantes dos outros equipos expresaron a opinión de que o coche de Pryce correra baixo de peso, aínda que resultou que o certificado da báscula do circuíto expirara e en realidade todos os coches estaban baixos de peso.<ref name="F3 2">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22|pages=60}}</ref> Pryce non estivo no grupo de cabeza nas seguintes dous roldas en [[Oulton Park]] e [[Zandvoort]], e durante a práctica para a carreira de soporte do [[Gran Premio de Mónaco de 1972]] o seu coche detívose en ''Casino Square'' debido a un cable solto, saíu do seu coche para corrixir o problema cando [[Peter Lamplough]] perdeu o control do seu coche e golpeou o Royale RP11. Pryce foi golpeado contra a fiestra dunha tenda e rompeuse unha perna.
 
O galés volveu á acción dúas semanas logo do seu accidente en Mónaco. Pryce tamén correu na Fórmula SuperVee, gañando a serie por unha cómoda marxe, "gañei case todas as carreiras fun a realizarme" recordaba Pryce. Tamén participou co equipo oficial Royale de [[Fórmula Atlántico]] en 1972, onde logrou a [[pole position]] nas últimas tres roldas do campionato e gañou a rolda final en Brands Hatch.<ref name="FormulaVee 1">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22|pages=62}}</ref>
 
Seguiu correndo na Fórmula Atlántico en 1973, gañando tres carreiras<ref name="Stardom Beckons 1">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22 |pages=70}}</ref> Royale fixo plans para entrar na [[Fórmula 2]], tal era o talento do galés.<ref name="Stardom Beckons 1" /> A aspiración de correr no campionato de Fórmula dúas estaba prevista para ser apoiada economicamente polo piloto de [[Liechtenstein]] Manfred Schurti. Pero, estes plans só permitiron a construción de un dos coches Royale de F2 antes de que o proxecto fora abandonado e Bob King, o xefe de Royale, deixara á empresa.
 
A raíz dunha invitación a probar un dos seus coches, Pryce atopouse correndo na Fórmula dúas co equipo [[Rondel Racing]] de[[Ron Dennis]], o seu mellor resultado para o equipo chegou en [[Norisring]] onde lideraba a carreira ata que un fallo nos freos significou deixar o primeiro lugar ao seu compañeiro de equipo [[Tim Schenken]].<ref name="GP Encyclopedia">{{cite web |url=http://www.grandprix.com/gpe/drv-prytom.html |title=GP Encyclopedia > Drivers > Tom Pryce |accessdate=2006-09-11 |author= |last= |first= |authorlink= |coauthors= |date= |year= |month= |work= |publisher=GrandPrix.com |pages= |archiveurl=http://web.archive.org/web/20060220092700/http://www.grandprix.com/gpe/drv-prytom.html |archivedate=2006-02-20 |quote= }}</ref> A finais de 1973, Pryce gañou o premio Grovewood polos seus esforzos durante o ano. Jack Pryce recordou que o seu fillo non quería gañar o premio, xa que pensaba que traía "mala sorte na carreira dun piloto".<ref name="Stardom Beckons 2">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-22|pages=72}}</ref>
 
=== Fórmula Un ===
==== 1974: Token ====
{{Principal | Token F1}}
Á idade de 25 anos, Pryce debutou na Fórmula Un, a categoría máis alta das carreiras de circuíto, segundo a definición da [[Fédération Internationale de l' Automobile]] (FIA), o órgano de goberno no mundo dos deportes de motor, uniuse ao equipo recentemente formado [[Token F1|Token Racing]]. O equipo foi creado por Tony Vlassopulos e Ken Grob despois que o equipo Token orixinal pechara en 1973 debido á falta de apoio financeiro. Pryce logrou o asento grazas ao respaldo de Titan Properties e, que David Tremayne describiu como "promesa evidente".<ref name="Peterson Speculation 2">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen. |accessdate=2007-03-26 |pages=127–129}}</ref> Pryce fixo o seu debut co equipo no [[Trofeo Internacional BRDC]], un evento de Fórmula Un fóra de campionato celebrado en Silverstone, pero a falta dun filtro e a cuberta do motor, xunto coa súa falta de experiencia no coche, converteuno no piloto máis lento dos 16 competidores durante a fase de clasificación. 26 segundos máis lento que o [[Hesketh Racing|Hesketh]] de [[James Hunt]] na pole position.<ref name="Token">{{cite web |url=http://www.f1rejects.com/teams/token/profile.html |title=Token Profile |accessdate=2006-09-26 |author= |last= |first= |authorlink= |coauthors= |date=15 September 2003 |year= |month= |work= |publisher=F1Rejects.com |archiveurl=http://web.archive.org/web/20070305171114/http://f1rejects.com/teams/token/profile.html |archivedate=2006-02-13 |quote= }}</ref> O galés retirouse na volta 15 cun problema na caixa de cambios. O debut no Campionato Mundial de Pryce chegou no [[Gran Premio de Bélxica de 1974]], onde se clasificou no posto 20, 3 segundos máis lento que o mellor tempo logrado por [[Clay Regazzoni]]. Unha vez máis, non puido terminar, completando 66 voltas antes de retirarse logo dunha colisión co [[Tyrrell Racing|Tyrrell]] de [[Jody Scheckter]] quedando rota a suspensión dianteira esquerda do [[Token RJ02|RJ02]].
 
A Pryce negóuselle a participación no [[Gran Premio de Mónaco de 1974]], xa que se considerou "sen experiencia". En cambio, Pryce participou na carreira de [[Fórmula 3]], pilotando para ''Ippokampos Racing'', nun [[March Engeniering|March]] 743, co que gañou por 20´8 segundos.<ref name="Monaco F3 results">{{cite web |url=http://www.formula2.net/F374_18.htm |title=1974 Monaco F3 Support Race results |accessdate=2007-03-15|date=4 August 2003|publisher=Formula2.net}}</ref>
Liña 64:
; 1974
 
Logo da súa impresionante pilotaxe en Mónaco, e un curto período de tempo na Fórmula 2 en 1974,<ref name="Formula Two 1974">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=135–136}}</ref> Pryce asinou por Shadow en substitución de [[Brian Redman]].<ref name="GPRacing.net">{{cite web |url=http://www.gpracing.net192.com/drivers/careers/471.cfm |title=Tom Pryce Profile at GPRacing.net |accessdate=2006-03-14 |publisher=GPRacing.net|archiveurl = http://web.archive.org/web/20060327142618/http://www.gpracing.net192.com/drivers/careers/471.cfm |archivedate = 27 March 2006|deadurl=yes}}</ref> Pryce fixo o seu debut co equipo en [[Gran Premio dos Países Baixos de 1974|Zandvoort]], retirándose na primeira volta logo dunha colisión con [[Hans Joachim Stuck]]. Pryce clasificou cuarto no seu segundo Gran Premio co equipo en [[Gran Premio de Francia de 1974|Francia]], pero unha colisión con [[James Hunt]] significou outra saída temperá. Máis adiante na tempada, Pryce recibiu 100 botellas de [[Champaña (viño)|champaña]] por ser o máis rápido na sesión de práctica para o [[Gran Premio do Reino Unido de 1974|Gran Premio de casa]] en [[Brands Hatch]]. Chegou a cualificar na cuarta fila da grella de saída .
 
{{Cadro de citas centro|"Creo que as persoas que participan nas carreiras de motor e logran algo, teñen a capacidade de detectar o talento. Estaba moi claro que a capacidade de Tom estaba por encima e máis aló da maioría dos seus contemporáneos"."|[[John Watson (piloto)|John Watson]]<ref name="Quotes">{{cite web |url=http://www.bbc.co.uk/wales/northeast/sites/sport/pages/tom_quotes.shtml | title=BBC North East Wales Sport - quotes | accessdate=2006-09-08 |publisher=bbc.co.uk/Wales }}</ref>|largo=40%|aliñamento=dereita}}
Liña 74:
[[Ficheiro:Tom pryce watglen 75.jpg|thumb|left|Pryce pilotando o seu [[Shadow Racing Cars|Shadow]] no [[Gran Premio dos Estados Unidos de 1975]].]]
 
Ao comezo da tempada {{f1|1975}}, o futuro de Pryce foi obxecto de moita especulación. Corría o rumor que vinculaba cunha unidade no Lotus, o equipo dirixido por [[Colin Chapman]], que estivera vixiando o progreso de Pryce en todo {{f1|1973}} e {{f1|1974}}. Nese momento, Lotus estaba sufrindo dificultades financeiras e os informes suxiren que Shadow e Lotus intercambiarían a Pryce e o [[Suecia|sueco]] [[Ronnie Peterson]]. O cambio era visto como unha boa adquisición para os dous equipos, Pryce era considerado un piloto da mesma capacidade que Peterson, pero custaría menos a Lotus, mentres que Peterson podería atraer patrocinios ao relativamente novo equipo Shadow.<ref name="Peterson Speculation 1">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=150}}</ref> O acordo nunca se materializou, malia que o xerente do equipo Shadow [[Alan Rees]] afirma que estivo moi preto de ser completado.<ref name="Peterson Speculation 2">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen. |accessdate=2007-01-05 |pages=152}}</ref>
 
O compañeiro de Pryce en Shadow, [[Jean-Pierre Jarier]], opacouno na primeira parte da tempada {{f1|1975}}, xa que o piloto francés tiña o novo coche [[Shadow DN5]], mentres que Pryce levaba o vello [[Shadow DN3|DN3]].<ref name="Shadow DN5 1">{{Cita libro |last=Tremayne |authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05 |pages=151}}</ref> Non foi senón ata a terceira rolda, o [[Gran Premio de Suráfrica de 1975|Gran Premio de Suráfrica]], que Pryce puido usar o DN5.<ref name="DN5 2">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=153}}</ref> A cuarta carreira do equipo na tempada foi a [[carreira de Campións (Brands Hatch)|Carreira de Campións]], fora de campionato, celebrada en [[Brands Hatch]]. Pryce clasificou na pole position e, tras unha mala saída, pasou a Peterson e [[Jacky Ickx]] antes de pechar unha brecha de oito segundos co líder da carreira Jody Scheckter, cuxo motor avariou cando Pryce acosábao,<ref name="RoC">{{Cita libro |last=Gill (ed.)|title=1976 Motorsport yearbook|pages=96–97}}</ref> deixando que Pryce converterase no primeiro galés en gañar unha carreira de Fórmula Un.<ref name="First Welsh Winner">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05 |pages=158}}</ref> Pryce mostrou outros signos prometedores durante a tempada, sobre todo en [[Gran Premio de Mónaco de 1975|Mónaco]] onde partiu da primeira fila da grella e [[Gran Premio do Reino Unido de 1975|Gran Bretaña]], onde logrou a pole position. Pryce tamén logrou o seu primeiro podio no Campionato do Mundo, en condicións extremadamente molladas no [[Gran Premio de Austria de 1975|Gran Premio de Austria]] e terminou nos puntos catro veces máis. A mellor posición foi en [[Gran Premio de Alemaña de 1975|Alemaña]], onde terminou en cuarto lugar, a pesar do feito de que mentres corría en segundo lugar detrás [[Carlos Reutemann]] sufriu unha fuga de combustible na cabina do seu DN5 durante as últimas voltas ao redor do moi longo circuíto de [[Nürburgring]], "queimando a súa pel e case o cegado polo fume".<ref name="nurburg">{{Cita libro |last=Gill (ed.)|title=1976 Motorsport yearbook|pages=73–75}}</ref> Máis tarde o galés recibiu o premio ''Prix Rouge et Blanc Jo Siffert award'', por este logro<ref name="Germany '75">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-02-21 |pages=189}}</ref>.
 
; 1976
 
Antes do inicio da tempada {{f1|1976}}, Pryce e [[David Richards]], o futuro xefe de [[Prodrive]] motorsports engineering company, participaron nun [[rally]] cun [[Lancia]] [[Lancia Stratos|Stratos]] o Tour de Epynt. Desafortunadamente para Pryce, estrelouse contra unha ponte cando só levaba 16 km. da primeira etapa, pero aínda así competiu nos tramos da tarde despois de reconstruír o seu coche.<ref name="Pryce Rally driver">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=214–218}}</ref>
 
Unha vez que a tempada do Campionato do Mundo de Fórmula Un púxose en marcha Pryce engadiu un segundo podio á súa conta, na primeira rolda en [[Gran Premio de Brasil de 1976|Brasil]]. Foi a expensas do seu compañeiro de equipo Jarier que marchaba diante de el, e que tivo un accidente debido a un charco de aceite na pista deixado polo [[McLaren]] de James Hunt. Ambos gozaron duns Shadows razoablemente competitivos durante as seguintes dúas carreiras en [[Gran Premio de Suráfrica de 1976|Kyalami]] e [[Gran Premio do oeste dos Estados Unidos|Long Beach]]. Con todo, os cambios nas regulacións nos automóbiles, orixinaron que os equipos tiveran que baixar as súas tomas de aire e montar os aleróns traseiros dos coches máis adiante, xunto coa revisión dos pneumáticos [[Goodyear Tire and Rubber Company|Goodyear]], significaron que o [[Shadow DN5B]] perdera gran parte da súa competitividade, aínda que Pryce logrou puntuar en [[Gran Premio do Reino Unido de 1976|Gran Bretaña]].<ref name="Shadow DN5B">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=218}}</ref> O novo [[Shadow DN8]] non se presentou ata a duodécima rolda en [[Gran Premio dos Países Baixos de 1976|Zandvoort]], onde Pryce cualificou o novo coche en terceiro lugar, e terminou a carreira cuarto, que serían os últimos puntos da carreira de Pryce. O galés terminou 12º no Campionato de Pilotos con 10 puntos, 59 puntos detrás do campión do mundo James Hunt.
 
; 1977
Jarier deixou Shadow antes do inicio da tempada {{f1|1977}} de Fórmula Un, para [[ATS F1|ATS]], e foi substituído polo [[Italia]]no [[Renzo Zorzi]]. Zorzi foi posteriormente cualificado por [[Jackie Oliver]], quen formaba parte do equipo de xestión de Shadow, como "o peor piloto que tivemos no equipo Shadow".<ref name="Zorzi comment">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=252}}</ref> Pero, o novo fichaxe traía o patrocinio de Italia, aliviando a situación financeira dos Shadows. Pryce comezou a primeira carreira do ano en [[Gran Premio da Arxentina de 1977|Arxentina]] no noveno lugar e foi co grupo de cabeza ata que fallou a caixa de cambios na volta 45 da carreira de 52 voltas. Logo dunha longa parada en boxes para reparar a avaría, non se clasificou. Pryce clasificou 12º na segunda rolda en [[Gran Premio de Brasil de 1977|Brasil]], pero na volta 34 retirouse da carreira, cando marchaba en segundo lugar, como resultado dun fallo de motor.
 
== Morte ==
Tom Pryce comezou o súa carreira final, o [[Gran Premio de Suráfrica de 1977]] en [[Kyalami]], marcando o mellor tempo na sesión da práctica do mércores, que tivo lugar baixo a choiva. Pryce rexistrou un tempo de 1 minuto 31´57 segundos, co segunda mellor tempo, o eventual campión do mundo de {{f1|1977}} [[Niki Lauda]], un segundo máis lento. O pista secou antes da sesión do xoves, e deslizouse cara abaixo na grella ata o decimo quinto lugar, case dous segundos máis lento que o tempo da pole de James Hunt.<ref name="Kyalami 77">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=231–232}}</ref>
 
O DN8 do galés fixo unha mala saída do Gran Premio e no final da primeira volta estaba no último lugar. Pryce empezou a remontar durante o par de voltas seguintes, superando a [[Brett Lunger]] e ao seu compañeiro de equipo [[Renzo Zorzi]] na segunda volta, e a [[Alex Ribeiro]] e [[Boy Hayje]] na volta seguinte. Na volta 18 Pryce pasara de 22º a 13º posición.<ref name="Kyalami 77 Start">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=232–233}}</ref>
 
[[Ficheiro:Kyalami1968 kinkcrawthorne.svg | thumb | 240px | A zona xusto logo de ''The Kink'' foi onde Pryce atropelou a Jansen Van Vuuren e a ''curva Crowthorne'' onde chocaron os autos de Pryce e [[Jacques Laffite]]. Pryce xa estaba morto.]]
 
Na volta 21, Zorzi arrimouse á esquerda da recta principal, xusto despois da cima dun outeiro e unha ponte sobre a pista. O italiano estaba tendo problemas ca súa bomba de gasolina, e o combustible bombéase directamente no motor, que logo se incendiou. Zorzi non saíu de inmediato do seu coche, xa que estaba experimentando problemas para desconectar o tubo de osíxeno do seu casco.<ref name="Zorzi retirement">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne |title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=232–233}} Oxygen pipes were used to prevent drivers being suffocated if they were trapped in the car in a fire.</ref>
 
A situación provocou que dous comisarios cruzaran a pista desde os pits do lado oposto para intervir. O primeiro comisario en cruzar a pista un chapista de 25 anos de idade chamado William (Bill). O segundo foi Frederik Jansen Van Vuuren de 19 anos, coñecido como Jansen Van Vuuren, que levaba un extintor de 40 libras.<ref name="Zorzi retirement" /> George Witt, o xefe dos comisarios nos boxes para a carreira, dixo que a política do circuíto é que en circunstancias relacionadas cos incendios, deben asistir dous comisarios e dous máis actúan como respaldo no caso de que os extintores non sexan o suficientemente eficaces. Witt tamén recordou que tanto Bill como Van Vuuren cruzaron a pista sen permiso previo.<ref name="George Witt comments">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen. |accessdate=2007-01-05|pages=239}}</ref> Unicamente o primeiro o fixo de forma segura a través da pista, pero o último non o fixo. Cando os dous mozos comezaron a correr pola pista, catro coches pilotados por [[Hans-Joachim Stuck]], Pryce, [[Jacques Laffite]] e [[Gunnar Nilsson]] saían da última curva para chegar á recta principal.
 
Pryce estaba xusto detrás do coche de Stuck na recta principal, Stuck ao ver a Van Vuuren desprazouse á dereita para evitar os dous comisarios, foi unha cuestión de "milímetros". Desde a súa posición directamente detrás, Pryce non puido ver a Van Vuuren e foi incapaz de reaccionar tan rápido como fixera Stuck. Golpeou ao comisario a aproximadamente 270 km/h. Van Vuuren foi lanzado polo aire e aterrou diante de Zorzi e Bill. Morreu no impacto, o seu corpo estaba literalmente esperpellado pola metade polo coche de Pryce.<ref name="Death 1">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05 |pages=234}}</ref> O extintor que levaba estrelouse contra a cabeza de Pryce, antes de golpear o arco de seguridade do Shadow. A forza do impacto foi tal que o extintor saíu lanzado cara arriba e sobre a tribuna adxacente. Chegou a terra no aparcadoiro na parte traseira do stand, onde golpeou un auto estacionado e atravesou a súa porta pechada.<ref name="Death 2">{{Cita libro |last=Tremayne |first= David|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|pages=235}}</ref>
 
{{Cadro de citas centro|"Cando chegamos á cima de súpeto decateime do comisario correndo pola pista a miña dereita, levando un extintor. Tomei unha decisión e non sé como o esquivei. Non houbo tempo, só reaccionei por puro instinto"|[[Hans-Joachim Stuck]]|largo=40%|aliñamento=dereita}}
Liña 104:
O impacto co extintor de incendios arrincara o casco de Pryce bruscamente cara a arriba, e foi parcialmente decapitado pola correa. A morte foi con toda seguridade instantánea. O Shadow DN8 de Pryce, agora co seu piloto morto ao volante, continuou a toda velocidade pola recta principal cara á primeira curva, chamada ''Crowthorne''. O coche saíu da pista cara á dereita, raspando as barreiras de metal antes de virar de novo cara a pista logo de golpear unha entrada para vehículos de urxencia. A continuación, golpeou o [[Equipe Ligier|Ligier]] de Jacques Laffite, enviando tanto a Pryce como a Laffite de fronte contra as barreiras. As lesións de Van Vuuren foron tan graves que, nun principio, o seu corpo foi identificado só despois de que o director da carreira convocara a todos os comisarios da carreira e viron cal non estaba entre eles.<ref>{{cite web |url=http://www.historicracing.com/top100.cfm?driverID=1077 | title=Historic Racing > Tom Pryce | accessdate=2006-11-23 |publisher=HistoricRacing.com |archiveurl=http://web.archive.org/web/20070305172128/http://www.historicracing.com/top100.cfm?driverID=1077 |archivedate=2006-04-24 |quote= }}</ref>
 
O gañador final da carreira final foi o [[Austria|austríaco]] Niki Lauda, sendo esta a súa primeira vitoria desde o seu case fatal accidente durante o [[Gran Premio de Alemaña de 1976]]. Ao principio dixo que era a maior vitoria da súa carreira, pero cando se lle dixo no podio a morte de Pryce, dixo que "non había ningunha alegría despois disto".<ref name="Lauda comment">{{Cita libro |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=239}}</ref>
 
=== Aftermath ===