Membrana basilar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 27:
=== Histoloxía ===
A membrana basilar é unha capa de fibras formadas por filamentos orientados transversalmente e incluídos nunha matriz, que está dividida en dúas zonas, chamadas parte arqueada e parte peiteada. A parte arqueada (''arcuata''), que vai en anchura desde a lámina ósea espiral ata un terzo do camiño ata a parede coclear externa; a ela chegan vasos sanguíneos. A parte peiteada (''pectinata''), nos dous terzos restantes, que presenta unhas estriacións paralelas chamadas cordas auditivas, e cos filamentos agrupados en feixes en dous estratos, un debaixo do órgano de Corti e outro máis abaixo con feixes maiores; carece de vasos sanguíneos. No bordo externo da cóclea as dúas capas mestúranse e fusiónanse co [[tecido conxuntivo]] do ligamento espiral.
<ref> D. W. Fawcewtt. Bloom-Fawcett. Tratado de Histología. 11ª edición. Interamericana-Mc Graw Hill. Páxinas 989. ISBN 84-7605-361-4 .</ref>
<ref>Páxina 989.</ref>
 
== Función ==