Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

===Novas de actualidade===
As informacións de actualidade e novas de última hora adoitan conter erros e inexactitudes. A [[Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é#A_Wikipedia_non_.C3.A9_unha_fonte_orixinal_de_datos|Wikipedia non é un xornal]] e non necesita detallar a información completa dun evento en tempo real. Adoita ser mellor esperar un tempo prudencial tras un evento para engadir os detalles do mesmo na Wikipedia, asegurando así evitar a propagación de rumores falsos, dando tempo aos medios de comunicación a recadar máis información e verificar as afirmacións, e dando tempo ás autoridades para facer comunicados oficiais sobre as investigacións en curso.
 
O modelo {{m|Actualidade}} debe engadirse na parte superior dos artigos relacionados coas novas de última hora, para informar ao lector de que algunha información pode non ser exacta, e para indicar a necesidade de engadir fontes máis fiables no momento en que estean dispoñibles.
 
==Notas==