Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

===Afirmacións médicas===
As fontes ideais para as '''afirmacións biomédicas''' son aquelas que inclúen revisións xerais ou sistemáticas en fontes fiables publicadas de terceiros, coma revistas médicas reputadas, libros de texto estándar escritos por expertos nunha materia, ou guías medicas e informes de organizacións nacionais e internacionais reputadas. É ''vital'' que toda a información biomédica de calquera tipo estea referenciada en fontes fiables de terceiros publicadas, e reflicta con exactitude o coñecemento médico actual.
 
===Citas===
A exactitude das citas é primordial, e a exactitude das citas atríbuidas a persoas vivas é especialmente sensible. Para asegurar a exactitude das mesmas, o texto do material citado debe estar tomado da fonte orixinal que se cita. De non ser posible, o texto debe tomarse dunha fonte fiable secundaria que, idealmente, inclúa a cita orixinal. '''É moi importante indicar claramente a fonte do texto citado''' tal e coma apareza no artigo.
 
As fontes secundarias non neutrais deben tratarse con precaución xa que poden empregar as citas de forma errónea ou fóra de contexto. Nestes casos é recomendable buscar outras fontes adicionais que verifiquen a cita.
 
Calquera análise ou interpretación da cita en sí debe basearse nunha fonte secundaria, nunca primaria.
 
==Notas==