Davide Ghirlandaio: Diferenzas entre revisións

pintor italiano
Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Tradución do artigo en castelán.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de agosto de 2015 ás 10:13

Davide di Tommaso Bigordi, nado en Florencia en 1452 e finado na mesma cidade o 10 de agosto de 1525, coñecido, polos seus irmáns co alcume de Ghirlandaio, foi un pintor italiano, coetáneo de Botticelli e de Filippino Lippi.

Foron os seus irmáns os tamén pintores Benedetto Ghirlandaio (1458-1497) e Domenico Ghirlandaio (1449-1494), o máis célebre deles. Sobriño seu foi o fillo de Domenico, Ridolfo Ghirlandaio (1483-1561).

Davide traballou sobre todo como axudante de Domenico, encargándose tamén das finanzas do negocio familiar. Tras a morte deste, asumiu a dirección do taller e a tutela do seu sobriño Ridolfo.

De estilo semellante ao do seu máis dotado irmán, é ,porén, inferior a el no debuxo e o modelado dos panos. Unha mostra do seu traballo como artista independente atópase en Santa Maria Novella (Florencia) cunha táboa, Santa Lucía e un doador (datado en 1494). Vasari lémbranos outros encargos da súa man, como unha "Crucifixión con santos", no cenáculo de Santa Apollonia.

Foi un notábel mosaicista. Súas son as decoracións da Catedral de Orvieto e as do Duomo de Florencia (luneto da Anunciación), así como as da fachada da basílica da Santissima Annunziata, tamén na cidade do Arno.

Modelo:Galería de imaxes

Bibliografía

Enlaces externos