Vardo Rumessen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Rumessen naceu nunha familia de músicos, seu pai [[Voldemar Rumessen]] era director de orquestra e profesor de música, e súa nai, Velda Rumessen era cantante de ópera. Estudou piano no [[Academia de Música e Teatro Estoniana|Conservatorio de Tallin]] e a partir de 1969 comezou a dar clases alí. En 1973 traballou como editor musical da [[Eesti Radio]]. Intérprete de clásicos como [[Johann Sebastian Bach]], [[Frederic Chopin]] ou [[Sergei Rachmaninov]], tamén redescubriu numerosos compositores estonianos, como editor das súas composicións e como intérprete, publicando máis de 120 cadernos e libros de partituras<ref>[http://kultuur.err.ee/v/muusika/cc97cb81-527f-49e1-b8b2-87ec30bf4679/suri-pianist-muusikateadlane-ja-poliitik-vardo-rumessen "Suri pianist, muusikateadlane ja poliitik Vardo Rumessen"], ''Kultuur.err'', 25 de agosto de 2015]</ref>. Gravou 20 vinilos e 25 CD con interpretacións de Bach, Chopin, Rachmaninov, [[Eduard Tubin]], [[Alexander Scriabin]] ou [[Mart Saar]] entre outros moitos compositores.
 
Firme partidario da independencia estoniana, membro da organización [[Comités de Cidadáns Estonianos]] (1989-1990) que buscaba restaurar a legalidade da República de Estonia na entón república soviética, ao tempo que militaba no [[Partido da Independencia Nacional Estoniana]], foi delegado no [[Congreso de Estonia de 1990]], unha iniciativa cidadá para restaurar un parlamento estoniano libre e membro do seu órgano permanente, o [[Comité Estoniano]] (1990-1992). En 1995 entrou no partido [[Pro Patria Union]]. Foi deputado no [[Riigikogu]] entre 1992 e 1995 e novamente en 1999-2003.