João de Sousa Carvalho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
categorias
Elisardojm (conversa | contribucións)
substituíndo
Liña 2:
 
==Vida==
João de Sousa Carvalho naceu en [[Estremoz]] en 1745, fillo de Paulo de Carvalho e de Ana Maria Angélica. Dende o [[28 de outubro]] de [[1753]] estudou en [[Vila Viçosa]], no colexio dos Santos Reis Magos, e a partir de [[1761]] no ''Conservatorio di S. Onofrio'' de [[Nápoles]] con [[Carlo Cotumacci]]. En [[1766]] a súa obra ''La Nitteti'' (con libreto de [[Pietro Metastasio]]) foi interpretada en [[Roma]]. En [[1767]] volveu a [[Portugal]], e o [[22 de novembro]] dese mesmo ano aderiuse á Irmandade de Sta. Cecília en Lisboa, foi nomeado professor de [[contrapunto]] do Seminario da Patriarcal, onde máis tarde exerceu como mestre entre [[1769]] e [[1773]], e mestre de capela entre [[1773]] e [[1798]]. Entre os seus alumnos destacaron [[António Leal Moreira]], [[João José Baldi]], e o célebre compositor de [[ópera]] [[Marcos Portugal]]. En [[1778]] converteuse en profesor de música da familia real portuguesa sustituíndosubstituíndo a [[Davide Perez]] no cargo. Ao finalizar o seu servizo, retirouse nunha propiedade que tiña no [[Alentexo]], onde morreu contra o ano [[1798]].
 
Carvalho foi o compositor máis importante da súa xeración e un dos máis importantes na historia da música do seu país. A súa numerosa obra [[Música sacra|sacra]] foi escrita no estilo de [[Niccolò Jommelli]]. A súa [[ópera seria]], e as súas [[serenata]]s, forom realizadas nos pazos reais de [[Ajuda]] e de [[Queluz]].