Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{Sen referencias|data=agosto de 2015}}
[[Ficheiro:Carlos María Isidro.JPG|miniatura|Carlos María Isidro de Borbón.]]
 
'''Carlos María Isidro Benito de Borbón''', Infante de [[España]], nado en [[Madrid]] o [[29 de marzo]] de [[1788]] e finado en [[Trieste]] o [[10 de marzo]] de [[1855]], foi o segundo fillo do rei [[Carlos IV de España]] e de [[María Luísa de Parma]], e irmán de [[Fernando VII de España|Fernando VII]]. Tamén foi coñecido como '''Don Carlos'''. Foi o primeiro pretendente [[carlismo|carlista]] ao trono de España co nome de Carlos V de España.
 
En maio de 1830 Fernando VII publicou a Pragmática Sanción que permitía ás mulleres suceder ao trono español, ao igual que os seus fillos. O decreto fora orixinalmente aprobado polas Cortes en [[1789]] pero nunca se promulgara oficialmente. Ata entón Carlos fora o herdeiro do seu irmán. O [[10 de outubro]] de 1830 a muller de Fernando deulle unha filla, que levou o nome de Isabel e desprazou ao seu tío da liña de sucesión.
 
Os apóstolicosapostólicos continuaron a apoiar os dereitos de Carlos ao trono, ao considerar a Pragmática Sanción ilegal e intrigaron a favor de Carlos. En marzo de 1833 Fernando suxeriu a Carlos que se trasladase a Portugal coa súa familia.
 
En abril de 1833, Fernando chamou a Carlos a xurar fidelidade a Isabel como Princesa de Asturias, o que Carlos rexeitou a recoñecela e a renunciar aos seus dereitos á coroa ao que Fernando VII reaccionou prohibíndolle volver a España.
173.273

edicións