Diferenzas entre revisións de «Renacemento»

Tradución do artigo en catalán.
(Tradución do artigo en catalán.)
== Contexto histórico ==
 
Dende o século XIII prodúcese en Europa unha serie de transformacións que anuncian o remate da Idade Media e a aparición dunha nova era. Estas transformación traen un ritmo acelerado ao longo do século XV. O paso da Idade Media á modernidade anúnciase por:
Durante a época do Renacemento, han producirse varios cambios en [[Europa]]. Entre os máis importantes cabe destacar:
# O crecemento demográfico debido á mellora na [[alimentación]] e na [[medicina]]. Pese a isto, houbo infeccións devastadoras nesta época como a [[sífilis]].
# Unha importante alza nos prezos debido á introdución en [[Europa]] de grandes cantidades de [[ouro]] e [[prata]] traídos de [[América]] tralo seu recente [[Descubrimento de América|descubrimento]] en [[1492]]. A conquista do [[Novo Mundo]] estabelecerá ademais novas e importantes rutas de [[comercio]], o que derivará nunha mellora na economía.
# A aparición da Reforma protestante, que dará lugar a unha divisón na Igrexa Católica e provocará enfrontamentos entre as nacións europeas.
# O rexurdimento do [[comercio]] e da [[cidade|vida urbana]], especialmente en [[Flandres]] e en [[Italia]]. A cidade convértese en centro económico e político, así como cultural e artístico.
# A aparición da burguesía como a clase social ascendente.
# A aparición de poderes monárquicos fortes.
# A difusión da [[filosofía ántiga|filosofía clásica]] rescatada a través dos filósofos [[Andalucía|andaluces]]. Téndese a unha separación clara entre [[relixión]] e [[filosofía]], entre [[razón]] e [[fe]]. [[Humanismo]] contra [[teocentrismo]]. Desenvólvese o humanismo coma a corrente vital que ve o home coma o centro e medida fundamental de todas as cousas.
# Nunha liberdade de pensamento maior, afastada do dogmatismo medieval, corresponde un impulso considerábel dos coñecementos científicos. O desenvolvemento das [[universidade|universidades]] e, sobre todo, a aparición da [[imprenta]] favorecen a difusión das novas ideas. A cultura pasa dos [[mosteiro|mosteiros]] ás rúas das cidades.
 
== Tópicos literarios ==
Os tópicos do Renacemento son un conxunto de temas e figuras que aparecen a miúdo nas artes do Renacemento, especialmente na literatura. Constitúen unha das características que unifica as obras do período. Os tópicos literarios máis coñecidos durante o Renacemento son o ''[[carpe diem]]'' e o ''[[beatus ille]]'', que proveñen da tradición clásica.
 
Un tópico é un motivo literario que o tempo e a tradición fosilizaron. Cada época xera os seus motivos e os autores empréganos adoito como elementos temáticos estábeis e recorrentes, reinterpretándoos nas súas obras e entendidos coma signos de cultura, como recoñecemento dunha tradición concreta. Realizan un papel semellante ao das alusións mitolóxicas nun texto.
 
== Etapas ==
# A volta á Antigüidade. Rexurdirán tanto as antigas formas arquitectónicas, como a orde clásica, a utilización de motivos formais e plásticos antigos, a incorporación de antigas crenzas, os temas de [[mitoloxía]], de [[historia]], así como a adopción de antigos elementos simbólicos. Con iso o obxectivo non vai ser unha copia servil, senón a penetración e o coñecemento das leis que sustentan a arte clásica.
# Xurdimento dunha nova relación coa [[Natureza]], que vai unida a unha concepción ideal e realista da ciencia. A [[matemática]] vaise converter na principal axuda dunha arte que se preocupa incesantemente en fundamentar racionalmente ao seu ideal de beleza. A aspiración de acceder á verdade da Natureza, como na Antigüidade, non se orienta cara ó coñecemento de fenómeno casual, senón cara á penetración da idea.
# O Renacemento fai ao ser humahohumano medida de tódalas cousas. Como arte esencialmente cultural, presupón no artista unha formación científica, que o fai liberarse de actitudes medievais e erguerse ó máis alto rango social.
 
Os supostos históricos que permitiron desenvolver o novo estilo remóntanse ó [[século XIV]] cando, co [[Humanismo]], progresa un ideal individualista da cultura e un profundo interese pola [[literatura clásica]], que acabaría dirixindo, forzosamente, a atención sobre os restos monumentais clásicos.
2.518

edicións