Illa de Pentecoste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - ortografía: *sudoeste -> suroeste; cambios estética
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
→‎Historia e costumes: Pontismo figura en obras de referencia en galego (vocabulario deportes da UDC) puénting que eu saiba non.
Liña 44:
Foi vista por primeira vez pola expedición española de [[Pedro Fernandes de Queirós]] en 1606<ref>Brand, Donald D. ''The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations'' New York: The American Geographical Society (New York, 1967) p.137.</ref>. Pentecoste foi avistada de novo no día de [[Pentecoste]], o [[22 de maio]] [[1768]] por [[Louis Antoine de Bougainville]]. Tamén foi avistada polo capitán [[James Cook]], durante a súa viaxe a través das [[Novas Hébridas]] (actual Vanuatu) no 1774. Foi influenciada por diferentes e sucesivos misioneiros [[cristianismo|cristiás]], pero os [[costume]]s tradicionais seguen resistindo fortemente.
 
A illa de Pentecoste é famosa por ser o berce espiritual do [[deporte extremo]] do ''[[Salto con elástico|puéntingpontismo]]'' que ten orixe nun antigo ritual chamado [[Gol, Vanuatu|Gol]] ou naghol. Entre abril e xuño de cada ano, os homes do sur da illa saltan desde o alto dunhas torres (ao redor de 20 a 30 metros) de [[vide]]s atados polos seus pés nun ritual para asegurar unha boa [[colleita]] de [[ñame]]. O ritual tamén é utilizado para mostrar [[rito de iniciación|a iniciación á idade adulta]]. O 'gol' deuse a coñecer internacionalmente, cando [[David Attenborough]] e un [[equipo de filmación]] da [[BBC]] rodou imaxes do ritual durante o decenio de 1950. A raíña [[Isabel II do Reino Unido]] visitou Pentecoste en 1974 e foi testemuña da cerimonia, durante a cal morreu un participante debido a que o salto realizouse durante unha [[estación seca]], cando as vides son moito menos [[Elasticidade (mecánica)|elásticas]]. Hoxe en día, os turistas pagan grandes sumas de diñeiro para presenciar a cerimonia, a miúdo durante viaxes dun día que parten de [[Port Vila]].
 
A aldea do norte de Pentecoste, Laone foi o berce de [[Walter Lini]], quen levou á independencia de Vanuatu en 1980. Hoxe en día, o '[[pai da nación]]' é homenaxeado cunha [[estatua]] preto do Lini Memorial College.