Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Corrixín erros.
Liña 42:
==Historia==
===Primeiras representacións (séculos XIII-XIV)===
O documento coñecido máis antigo no que se representa o escudo do entón [[reino de Galicia]] é o armorial [[Inglaterra|inglés]] [[Segar´s Roll]], realizado cara oao ano [[1282]]. É xunto outros escudos de monarquías europeas onde se aprecia a anotación "rey de Galyce" e onde aparece a representación heráldica de tres calices.
<gallery>
Ficheiro:Reino de Galicia - Kingdom of Galicia - Segars Roll.jpg|Armas do Rei de ''Galyce'' no ''Armorial Segar'', ano [[1282]].
Liña 52:
 
===Representacións renacentistas (séculos XV-XVI)===
Se foi na Europa [[Arte gótica|gótica]] cando a representación [[heráldica]] do [[reino de Galicia]] se espallou a través de numerosos [[armorial|armoriais]], foi no [[Renacemento]] ([[século XV]]) cando esta adquiriu certa uniformidade. Deste século tamén datan as primeiras representacións do escudo dentro do propio territorio [[Galicia|galego]], onde o número de [[cáliz (liturxia)|cálices]] no blasónbrasón chegou ata cinco, como é o caso do escudo do reino que se atopaba nas portas da cidade [[Idade Media|medieval]] de [[Betanzos]]. Este excepcional número de cálices tamén foi representado na [[Porta de Carlos V|porta renacentista da vila de Viveiro]], mandada edificar polo emperador [[Carlos V]] en 1548.
 
Porén, desde finais do [[século XV]] o número de cálices comeza a estandarizarse nun único, manténdose a cor azul no fondo e dourada no calice, que desde o século XIII se viñan representando.
Liña 71:
 
===As cruces no escudo (século XVI)===
A partir do século XVI, o escudo do [[reino de Galicia]] sufre unha serie de transformación, tal veztalvez a máis importante sexa a incorporación de un número inicialmente dispar, e posteriormente estandarizado de cruces.
Unha das primeiras representacións nas que cruces recrucetadas se engaden ao cálice central atópase no ''Historia originis et succesionis regnorum et imperiorum a Noe usque ad Carolum V'' (1548). Desde entón practicamente todas as representacións heráldicas do reino contarán con estes adornos estéticos propios da época, e será a a finais do século XVI cando o número de cruces fique practicamente reducido a seis.
 
<gallery>
Liña 93:
Tras o [[Concilio de Trento]] en [[1545]] a Igrexa católica acordou levar a cabo unha serie de medidas encamiñadas a frear a difusión do [[protestantismo]] en [[Europa]]. Desde o [[Papado]] e as monarquías fieis a [[Roma]], procurouse consolidar o culto [[catolicismo|católico]] e sentar o dogma católico. Para logralo crearonse novos instrumentos de comunicación e expansión da fe católica, poñendo especial énfase na difusión da mensaxe católica a través dunha nova [[propaganda]] artística; o [[barroco]].
 
Neste contexto de propaganda das ideas católicas e contrarreformistas, xorde a mudanza que no século XVI sofre o cálice, pasando inicialmente a ser un cálice aberto (coa hostia visible) para pouco despois convertirse nun [[relicario]]<ref name="guevara2007">[[Eduardo Pardo de Guevara y Valdés|PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, E.]] ''O escudo de Galicia. Orixe, significacións e evolución''. En BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.; VILLARES, R. ''[http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/2/2007/12/simbolos_de_galicia.pdf Os símbolos de Galicia]''. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; A Coruña: Real academia Galega. 2007. ISBN 978-84-96530-46-1.</ref>.. Deste xeito, procurábase dar ao escudo do [[reino de Galicia]] unha aura católica e relixiosa da que ata ese momento carecía. Os primeiros exemplos xorden no século XVI, se ben o relicario non logrou desprazar por completo ao cálice orixinal.
 
<gallery>