Eritropoetina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m ref
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 124:
 
== Historia ==
En 1906, [[Paul Carnot]], un profesor de Medicina en [[París]], e o seu axudante, DeFlandres, propuxeron a idea de que as hormonas regulaban a produción de glóbulos vermellos. Despois de realizar experimentos con coellos, Carnot e DeFlandre atribuíron o incremento de glóbulos vermellos que se producía nos coellos a un factor hemotrópico chamado hemopoietina. Eva Bonsdorff e Eeva Jalavisto continuaron a estudar a produción de glóbulos vermellos e máis tarde chamaron a esta substancia hemopoiética "eritropoetina". Posteriores estudos feitos por Reissman e Erslev demostraron a existencia no sangue de certa substancia que podía estimular a produción de glóbulos vermellos e incrementar o [[hematócrito]]. Esta substancia foi finalmente purificada e confirmouse que era a eritropoetina, abríndose así o camiño para o uso terapéutico da EPO en doenzas como a [[anemia]]. <ref>{{Cita publicación periódica |author=Jelkmann W |title=Erythropoietin after a century of research: younger than ever |journal=European journal of haematology |volume=78 |issue=3 |pages=183–205 |year=2007 |month=March |pmid=17253966 |doi=10.1111/j.1600-0609.2007.00818.x |url=}}</ref><ref>{{cita libro |autor=Ahmet Höke |título=Erythropoietin and the Nervous System |editoreditorial=Springer |location=Berlin |ano=2005 |pages= |isbn=0-387-30010-4 |oclc= 64571745|doi= |accessdate= |url=http://books.google.com/?id=A76u7g0QnskC}}</ref>
 
O hematólogo John Adamson e o nefrólogo Joseph W. Eschbach estudaron varias formas de insuficiencia renal e o papel da hormona natural EPO na formación de glóbulos vermellos. En estudos feitos con ovellas e outros animais na década de 1970, estes dous científicos axudaron a establecer que a EPO estimula a produción de glóbulos vermellos na medula ósea e podía usarse como tratamento da anemia en humanos. En 1968, Goldwasser e Kung empezaron a traballar na purificación da EPO humana, e puideron purificar cantidades de miligramos de material puro ao 95% en 1977. <ref name="pmid18467">{{Cita publicación periódica | author = Miyake T | last2 = Kung | first2 = CK | last3 = Goldwasser | first3 = E | title = Purification of human erythropoietin | journal = J. Biol. Chem. | volume = 252 | issue = 15 | pages = 5558–5564 | year = 1997 | month = Aug | doi = | url =http://www.jbc.org/content/252/15/5558.long | pmid = 18467 | issn =}}</ref> Dispoñer de EPO pura permitiu que a súa secuencia de aminoácidos fose parcialmente determinada e o seu xene fose localizado e illado. <ref name="pmid17253966">{{Cita publicación periódica | author = Jelkmann W | title = Erythropoietin after a century of research: younger than ever | journal = Eur. J. Haematol. | volume = 78 | issue = 3 | pages = 183–205 | year = 2007 | month = March | pmid = 17253966 | doi = 10.1111/j.1600-0609.2007.00818.x | url = | issn =}}</ref> Despois na Universidade de Columbia con financiamento do [[NIH]] descubriuse a vía de síntese da EPO, e a universidade patentou a técnica, e a licenza pasou á compañía Amgen. Houbo unha controversia sobre se Amgen se beneficiou dos traballos financiados con diñeiro público polo NIH, e ao final Goldwasser nunca se beneficiou financeiramente do seu traballo. <ref name="isbn0-375-76094-6">{{cita libro | autor = Angell, Marcia | authorlink = | editor = | others = | título = The Truth About the Drug Companies : How They Deceive Us and What to Do About It | edition = | language = | editoreditorial = Random House Trade Paperbacks | location = New York | ano = 2005 | origyear = | páxinas = 60 | quote = | isbn = 0-375-76094-6 | oclc = | doi = | url = | accessdate = }}</ref>
 
Na década de 1980, Adamson, Joseph W. Eschbach, Joan C. Egrie, Michael R. Downing e Jeffrey K. Browne dirixiron un ensaio clínico sobre unha forma sintética da hormona chamada [[Epogen]] producida por [[Amgen]], que foi un éxito, e os resultados publicáronse no [[New England Journal of Medicine]] en xaneiro de 1987. <ref name="pmid3537801">{{Cita publicación periódica | author = Eschbach JW, Egrie JC, Downing MR, Browne JK, Adamson JW | title = Correction of the anemia of end-stage renal disease with recombinant human erythropoietin. Results of a combined phase I and II clinical trial | journal = N. Engl. J. Med. | volume = 316 | issue = 2 | pages = 73–8 | year = 1987 | month = January | pmid = 3537801 | doi = 10.1056/NEJM198701083160203| url = | issn =}}</ref>