Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Corrixín erros.
Liña 526:
A seguir entra no concello de [[Paradela]], a través de [[Ferreiros, Paradela|Ferreiros]], [[Mirallos, Ferreiros, Paradela|Mirallos]] (cuxa igrexa, de Santa María, foi trasladada pedra a pedra desde Ferreiros en 1790), [[A Pena, Ferreiros, Paradela|A Pena]], [[O Couto, Ferreiros, Paradela|O Couto]], [[As Rozas, Francos, Paradela|As Rozas]], [[Moimentos, A Laxe, Paradela|Moimentos]], [[Marcadoiro, A Laxe, Paradela|Marcadoiro]], [[Moutras, A Laxe, Paradela|Moutras]], [[A Parrocha, As Cortes, Paradela|A Parrocha]], [[Vilachá, As Cortes, Paradela|Vilachá]] e [[San Pedro de Portomarín, Portomarín|San Pedro de Portomarín]].
 
Por fin, tras cruzar a moderna ponte sobre o [[río Miño]],<ref>A carón da ponte medieval, hoxe baixo as augas, que veu substituír a primitiva ponte romana, do século II.</ref> o peregrino entra en Portomarín (''Portumarini'' en [[792]], ''Pons Minea'' no ''Calixtino''). O Portomarín histórico quedou anegado coa construción do [[encoro de Belesar]] en [[1963]], o que obrigou a trasladar o asentamento a outra zona máis alta, incluídos os elementos arquitectónicos máis significativos: a [[Igrexa de San Nicolao de Portomarín|igrexa de San Nicolao (antes de San Xoán)]], románica do século XII e que pertenceu á [[Orde de San Xoán de Xerusalén]]; a de San Pedro e os pazos do Conde da Maza, dos Pimentales e de Berbeteros. Tamén houbo nesta localidade un hospital da Orde de San Xoán (1521), hoxe desaparecido.
 
=== 32ª etapa: Portomarín - [[Palas de Rei]] ===