Valentino Rossi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Corrixín un erro.
Liña 102:
En [[2008]], tamén con Yamaha, pero agora con neumáticos [[Bridgestone]] tras varios problemas nos anos anteriores cos [[Michelin]], Rossi volvía como un dos máis fortes aspirantes ao título, pero nas tres primeras carreiras Stoner, Pedrosa e o seu compañero de equipo, o debutante [[Jorge Lorenzo]] arrebatáronlle o alto do podio. Pero o italiano logra vencer 3 carreiras consecutivas o que o lanza de novo coma un forte aspirante ao título (unha destas carreiras foi o seu trunfo número 90 no mundial que permitiulle igualar o récord de [[Ángel Nieto]]).
 
Tras unha non moi boa presentación en Holanda, en Laguna Seca preséntase unha apaixoante batalla polo primeiro posto entre Stoner e Rossi. Na mítica curva do "SacacorchosTirarrollas" "O Doutor" executou unha das mellores maniobras do motociclismo, adiantando a Stoner pola area, quen finalmente remataría segundo a pesar dunha caída. Stoner acusou a Valentino de "executar maniobras ao límite", pero posteriormente disculpouse polas súas declaracións dicindo que actuou no calor do momento e que non quería ningunha polémica.
 
Tras conseguir a [[Pole Position]] e gañar a carreira en Indianápolis superou o récord de [[Giacomo Agostini]] de 68 victorias na máxima categoría. E a súa victoria número 70 en MotoGP chega en Motegi (GP de Japón) logrando así novamente o campionato a falta de tres carreriras para finalizar o mundial.