Mosteiro de San Salvador de Celanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Descrición: arranxiños
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 107:
O templo conta tamén cun [[cadeirado]] [[plateresco|plateresca]] de finais do [[século XV|XV]] no [[Coro (arquitectura)|coro]] alto, adornado con figuras de misericordias, algunhas delas choqueiras ou procaces. O coro baixo, de principios do [[século XVII|XVII]], cara a [[1715]] a [[1720]], é obra tamén de Francisco de Castro Canseco, aínda que hai autores que sosteñen a obra de outros autores e a participación de Castro Canseco só cara ao final da obra, polo que se fala da convivencia de dous estilos. Conta con 38 cadeiras na altura superior e 28 na inferior. Nos sitiais da parte baixa relátanse as vidas de San Bieito (no lado da epístola) e a de San Rosendo (na do evanxeo). Nos respaldos están tallados santos da Orde Beneditina (nos superiores) e escenas da vida do mosteiro (nos inferiores). Os seus lados longos únense por medio dunha fronte aberta por medio dun arco de medio punto que orixinariamente permitiría a contemplación directa do altar maior desde os pés da igrexa.
 
No ano [[1735]] a comunidade contratou a un reixeiro ourensán, Rodrigo Díaz de Lombán, a realización de dúas reixas que pechan o coro.
[[Ficheiro:Claustro procesional Mosteiro Celanova.jpg|miniatura|esquerda|Claustro procesional.]]