Mosteiro de San Salvador de Celanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎As fachadas: arranxiño
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 83:
=== A igrexa ===
[[Ficheiro:Dome_of_San_Salvador_monastery,_Celanova,_Ourense,_Galicia.jpg|miniatura|[[Cúpula]].]]
A fachada da igrexa, [[barroco|barroca]], foi rematada en [[1653]], aínda que sufriu algunhas modificacións no século seguinte. Atópase próxima a unha torre, a dos Abades, obra iniciada no [[século XVI]] e rematada con elementos típicos barrocos. A porta principal está presidida por [[Bieito de Nursia|San Bieito]], flanqueado por [[San Torcuato]] e [[San Rosendo]], colocados estes últimos entre dous pares de columnas con [[capitel|capiteis]] [[orde corintia|corintios]]; San Bieito ten unha pedra na man. No corpo intermedio hai unha ventá moi grande e o superior culmínase cunha [[peineta]] co escudo [[abadía|abacial]], rodeado por oito [[pináculo]]s barrocos. O conxunto tende á horizontalidade.
 
A planta da igrexa é de [[cruz latina]] (cun formato rectangular) con tres [[Nave (arquitectura)|naves]] e foi deseñada por [[Melchor de Velasco]] en [[1661]] que asina un contrato coa comunidade beneditina polo que levantou a igrexa aproveitando a fachada recentemente rematada. A nave central cóbrese cun [[artesoado]] pétreo. Unha balconada percorre todo o [[beirado]], que se apoia sobre grandes pilastras. O presbiterio rectangular entre sacristías e o cruceiro cuberto por unha cúpula resalta os seus elementos clasicistas. O conxunto non foi rematado por Melchor Velasco xa que as obras dilatáronse no tempo, e foi [[Pedro de Monteagudo]] o que traballou no seu acabado desde [[1672]], pertencendo a cúpula ([[1682]]-[[1684]]) a este último período.