Organización de Países Exportadores de Petróleo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: INA
corrixo
Liña 25:
A cota de mercado da organización aumentará no futuro, xa que a [[Axencia Internacional da Enerxía]] prevé que a produción de petróleo convencional dos países que non forman parte da OPEP alcanzará o seu máximo ao redor de [[2015]].
 
A OPEP é unha organización recoñecida desde o [[6 de novembro]] de [[1962]] pola Organización das Nacións Unidas ([[ONU]]), grazas á resolución da ONU número 6363. A OPEP tivo a súa sede en [[Xenebra, - GenèveSuíza|Xenebra]] ([[Suíza]]) entre [[1960]] e [[1965]], e despois trasladou a súa sede a Viena, grazas ás facilidades que outorgou o goberno austríaco.
 
Os estatutos da OPEP din que o seu obxectivo é coordinar e unificar as políticas petroleiras entre os países membros, "co fin de garantir uns prezos xustos e estables para os produtores de petróleo, o abastecemento eficiente, económico e regular de petróleo aos países consumidores e un rendemento xusto do capital dos investidores".