Manuel Ruiz Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixo
Liña 9:
Encargouse da [[Ministerio de Fomento de España|carteira de Fomento]] no goberno provisional de [[Francisco Serrano Domínguez|Francisco Serrano]], estableceu a liberdade de ensinanza e decretou o traspaso de materiais de bibliotecas e arquivos relixiosos ao [[Estado]] e introduciu reformas na ensinanza universitaria. Formou parte do goberno de [[Joan Prim i Prats|Prim]] como [[Ministerio de Xustiza de España|Ministro de Xustiza]] (1869), onde comezou a reforma lexislativa para adaptarse á nova Constitución, á morte de Prim converteuse no líder do Partido Progresista. Foi designado Presidente das Cortes Constituíntes e proclamou a [[Amadeo de Savoia]] como rei de España. Durante o reinado deste, presidiu o Goberno en dúas ocasións, entre o [[24 de xullo]] e o [[4 de outubro]] de [[1871]] e do [[13 de xuño]] de 1872 e o [[10 de febreiro]] de 1873, entre outras medidas aboliu a escravitude en [[Porto Rico]] e creou o Banco Hipotecario. En febreiro de 1873 Amadeo renunciou á Coroa de España e Ruiz Zorrilla retirouse da política. Cando abdicou o monarca, acompañouno ao exilio. Estableceuse en Baiona (Francia) e logo en [[París]].
 
O [[25 de agosto]] de 1876 publicou un manifesto pedindo a restauración da República baixo a Constitución de 1869 reformada en sentido republicano, e desde a capital francesa dedicouse a conspirar contra o goberno español, en maio de 1877 produciuse a primeira tentativa armada de derrocar a monarquía española que fracasou, Zorrilla pasou unha temporada en [[Xenebra, - GenèveSuíza|Xenebra]] e en 1878 volve de novo a París ata que é expulsado polas autoridades francesas, estableceuse en [[Londres]] tras outro intento frustrado xunto a Serrado para restaurar a república. En 1880 tras un intento frustrado por unir ás correntes republicanas e xa de novo en París organiza a [[Asociación Republicana Militar]], organización secreta formada por militares españois co fin de organizar un pronunciamento militar, o último o de 1886 encabezado en España por Villacampa foi de novo un fracaso, e Zorrilla que se dirixira os Pireneos tivo que volver a París, despois instalouse en Bruxelas e Londres e despois de novo en París. En 1892 únese ao resto dos republicanos para concorrer ás eleccións en España, os republicanos conseguen 29 deputados, Ruiz Zorrilla elixido negouse a ocupar o seu escano. Enfermo retirouse da política o [[16 de febreiro]] de 1895, o seu partido reunido para elixir sucesor, dividiuse entre o Partido Republicano Liberal e o Progresista e el despois de trámites co goberno español retirouse a España, morrendo antes de chegar á súa casa de Tablada (Burgos).
 
{{Gobernante|