Vancouver: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
corrixo
Liña 34:
Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da [[América do Norte]], só por detrás de [[Nova York]]. É un importante polo de [[transporte]]s canadense, posuíndo o porto con máis movementos do Canadá e o segundo aeroporto internacional con máis movementos do país.
 
Un clima lene no [[inverno]] e morno no [[verán]], alén dunha bela paisaxe natural en torno da cidade e moitos parques, praias e outros lugares de recreación, fai de Vancouver un importante polo turístico do Canadá. Vancouver é considerada por moitos como unha das mellores cidades do mundo para vivir (en numerosas investigacións, aparece en terceiro lugar, sé detrás de [[Xenebra, - GenèveSuíza|Xenebra]] e [[Zürich]], ambas en [[Suíza]]).
 
A cidade foi sede dos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2010|Xogos Olímpicos de Inverno en 2010]], a [[Copa Grey]] en [[2005]], o [[Campionato Mundial de Hóckey Xunior]] e o [[Fórum Urbano Mundial]], os dous últimos en [[2006]].