Manuel Díaz Rozas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
corrixo
Liña 3:
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Calle Manuel Diaz.001 - La Coruña.JPG|miniatura|250px|Rúa Manuel Díaz na Coruña.]]
Logo de realizar estudios normalistas na Coruña continuounos na Escuela Superior de Magisterio de [[Madrid]]. En [[1920]] foi profesor na Escola Normal de Zamora ao ano seguinte inspector-xefe de educación primaria na [[provincia da Coruña]]. Gozou dunha estancia de estudios pedagóxicos no Instituto Rousseau de [[Xenebra, - GenèveSuíza|Xenebra]] en 1920 e ao ano seguinte visitou de varios países europeos para coñecer as súas realidades escolares. Durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] foi apartado do cargo e enviado a [[Huelva]] polas súas ideas republicanas. En 1930 volveu facer unha nova viaxe por varios países.
 
Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] regresou á Coruña. Foi membro da [[Agrupación al Servicio de la República]] e despois relacionouse coa [[ORGA]] e cos [[Partido Galeguista (histórico)|galeguistas]]. Foi promotor da Asociación de Vanguardia Pedagógica e do seu ''Boletín de Vanguardia Pedagógica'' e tamén do intento de crear en Galicia unha Sociedad Paidológica Gallega en 1932. Neste ano, na Asemblea Estatutaria Galega, defendeu a necesidade de realizar un tratamento político autonómico do ensino. Tamén foi un dos promotores das [[Misións Pedagóxicas]] (1933) na Coruña e Pontevedra. En [[1934]] pasou a dirixir a sección de Pedagoxía do [[Seminario de Estudos Galegos]], ao amparo da cal funcionou un laboratorio de psicotecnia e se realizaron conferencias pedagóxicas en [[1935]] en [[Pontevedra]] (Díaz Rozas defendeu a necesidade da galeguización lingüística escolar e da práctica dunha escola activa no contexto dunha renovada escola rural).