Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
corrixo
Liña 19:
 
=== Terceiro Congreso ===
En abril de 1905, xuntouse en [[Londres]] o Terceiro Congreso do Partido. Aínda que foron convocados, os menxeviques boicotearon o congreso e organizaron cunha Conferencia propia en [[Xenebra, - GenèveSuíza|Xenebra]]. A Londres asistiron vinte e catro delegados, en nome de vinte comités bolxeviques.
 
Desde o punto de vista bolxevique as diferenzas entre as tácticas aprobadas en Londres e [[Xenebra, - GenèveSuíza|Xenebra]], foron expostas por Lenin no seu libro ''Dúas tácticas da socialdemocracia na revolución democrática''. Os bolxeviques entendían que a revolución rusa en curso non podía triunfar senón baixo a dirección política obreira, a pesar do carácter democrático-burgués da mesma e a pesar de que non podía polo momento saírse do marco das medidas compatibles co capitalismo. A táctica dos traballadores sería apoiada polos campesiños, que só poderían desfacerse dos terratenentes e obter a terra, co triunfo completo da revolución. Os campesiños eran, os aliados naturais do proletariado. En cambio a [[burguesía]] non estaba interesada no triunfo completo da revolución, xa que necesitaba do tsarismo contra os intereses obreiros e [[campesiño]]s, a cuxo triunfo temía. Así ao alcanzar profundidade a revolución democrática, a burguesía volveríalle as costas e a masa campesiña en unión cos obreiros tería que enfrontar non só á autocracia senón á burguesía.
 
Para os menxeviques en cambio, posto que se trataba dunha revolución burguesa, só podía ter como xefe á burguesía liberal e por tanto era ela e non o campesiñado, o aliado fundamental dos obreiros. Non se podía asustar á burguesía liberal nin darlle pretexto para volver as costas á revolución, a cal se quebrantaría se a burguesía liberal apártase dela. Á clase obreira correspondíalle o papel de "oposición revolucionaria extrema" e á burguesía o goberno e a realización da revolución democrática.