Cantón de Xenebra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
corrixo
Liña 10:
| bandeiraestado = {{SUIb}}
| estado = Suíza
| capital = [[Xenebra, - GenèveSuíza|Xenebra]]
| capital_poboación = 167.720 ([[2009]])
| capital_coor =
Liña 36:
|notas= <center>[http://www.ge.ch République et Canton de Genève]</center>
}}
'''Xenebra''' (en [[lingua francoprovenzal|arpitano]]: ''Geneva'', en [[lingua francesa|francés]]: ''Genève'', en [[lingua alemá|alemán]]: ''Genf'', en [[lingua italiana|italiano]]: ''Ginevra'', en [[lingua retorrománica|romanche]]: ''Genevra'') é un [[Cantóns de Suíza|cantón]] [[Suíza|suízo]], ten 282 km² e 438.483 habitantes. A capital é [[Xenebra, - GenèveSuíza|Xenebra]].
 
== Historia ==
As primeiras trazas de ocupación humana no lugar da actual Xenebra remóntanse ao 3000 aXC; os restos foron descubertos ás beiras do [[lago Léman]]. O outeiro da Vieille-ville non será habitado até o 1000 aXC. Máis tarde, [[Roma]] conquistará [[Xenebra, - GenèveSuíza|Xenebra]], daquela aínda un poboado celta. No 58 aXC [[Xulio César]] deféndea contra a incursión dos helvecios. No apoxeo do [[imperio romano]], alá polo 400 da nosa era é erixida en [[bispado]]. No 443 unha tribo xermánica, os [[burgundios]], aséntanse na rexión. Esta é ocupada polos [[francos]] no 534: Xenebra é incorporada á [[monarquía merovinxia]], despois ao [[imperio carolinxio]]. A disgregación deste último, no [[século IX]], dá lugar ao nacemento do segundo [[reino de Borgoña]], do que Xenebra formará parte. En 1032 este estado pasa aos emperadores xermánicos. De feito, de aquí en diante, Xenebra formará parte do Imperio; desde o século XI até a reforma, será gobernada polos seus bispos, convertidos en señores da cidade. Xenebra non será máis que unha localidade secundaria até a fin da [[Idade Media]]. As súas feiras, que acadan o seu máis grande impulso no século XV, danlle por vez primeira unha reputación internacional. Porén a súa independencia vese ameazada por [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]], cuxos príncipes se esforzaron, desde o século XIII ao XVII, por apoderarse da cidade sen conseguilo. No momento do máis grande perigo, no primeiro terzo do século XVI, o apoio dos cantóns suízos de Friburgo e de Berna salvan a autonomía da cidade. A reforma triunfa en 1535. Politicamente, a cidade é daquela unha república. [[Jean Calvin]] instálase aquí en 1536. A súa idiosincrasia eleva a Xenebra ao rango de "Roma protestante".
 
Desde 1550, unha chea de protestantes, en particular franceses e italianos perseguidos nos seus países, atopan aquí asilo. Baixo a éxida de Calvino e de Théodore de Bèze, procuran no seu novo fogar unha grande iluminación relixiosa e intelectual. Os refuxiados axudan tamén a reorientar a economía, en recesión desde o declive das feiras a finais do século XV. En 1602, o duque de Savoia, Charles-Emmanuel, intenta un ataque nocturno contra Xenebra pero fracasa. As medidas tomadas por [[Luís XIV]] contra o protestantismo en [[Francia]] fixeron afluír unha segunda vaga de refuxiados ao final do século XVII. O século XVIII foi unha época de grande prosperidade. As industrias xenebresas - a máis coñecida é a reloxería - o comercio e a banca florecen. [[Jean-Jacques Rousseau]] naceu en Xenebra en 1712 e [[Voltaire]] vivíu aquí de 1755 a 1778. Pero a cidade é destrozada polas revoltas civís que opuxeron as clases e os partidos.