Diferenzas entre revisións de «Meteoroide»

 
A maioría dos meteoroides son fragmentos de cometas e asteroides, aínda que tamén poden ser rochas de satélites ou planetas que foron expulsadas en grandes impactos ou simplemente restos da formación de Sistema Solar.<ref>[http://www.iau.org/public_press/news/detail/iau0603/ Resolucións da Asemblea Xeral do 2006 da UAI]</ref> Cando entra na [[atmosfera]] dun planeta, o meteoroide se quenta e se vaporiza parcial ou completamente. O gas que fica na traxectoria seguida polo meteoroide [[Ionización|ionízase]] e brilla. O rastro de vapor brillante chámase tecnicamente meteoro, aínda que o seu nome común é estrela fugaz. Denomínanse [[bólido|bólidos]] aqueles meteoros cuxa magnitude aparente é inferior a -4 (a menor valor da [[magnitude aparente]], maior brillo), que é aproximadamente a magnitude aparente do planeta [[Venus]], que de entre todas as estrelas e planetas é o corpo máis brillante dende a Terra. Daqueles bólidos de magnitude aparente inferior á da [[Lúa chea]] (-12,6), os superbólidos, poden sobrevivir fragmentos que cheguen ao chan; estes fragmentos son denominados [[meteorito|meteoritos]]. A maioría dos meteoritos terrestres, bardante os metálicos de grandes dimensións, proceden de meteoroides.
 
==Exemplos de meteoroides==
*[[2003 YN107]]
*[[2011 MD]]
*[[2011 CQ1]]
 
== Referencias ==