Diferenzas entre revisións de «Meteoroide»

sen resumo de edición
Un '''meteoroide''' (do [[Lingua latina|latín]] ''meteōrus'', e este do [[Lingua grega|grego]] ''μετέωρος'', 'elevado no ar') é un [[corpo menor]] do [[Sistema Solar]] de, aproximadamente, entre 100 [[µm]] até 50 m (de diámetro máximo). O límite superior de tamaño, 50 m, emprégase para diferencialo dos [[cometa|cometas]] e dos [[Asteroide|asteroides]], mentres que o límite inferior de tamaño, 100 µm, se emprega para diferencialo do [[po cósmico]], porén, os límites de tamaño non adoitan empregarse moi estritamente sendo ambigua a designación dos obxectos que se atopen próximos a estes límites.
 
Na práctica, esta é a definición máis empregada, que deriva da definición da [[Royal Astronomical Society]], '<nowiki/>''corpo celeste de entre 100 µm e 10 m'<nowiki/>'',<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos = Beech|nome = Martin|ano = 1995|título = On the Definition of the Term Meteoroi|url = http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?|revista = |número = 3|páxinas = 281–284|editor = |dataacceso = 31 de agosto de 2006}}</ref> combinada coa definición de ''near-Earth meteroid'' (extrapolada a meteoroides tamén non próximos á Terra), '<nowiki/>''obxectos con órbitas na veciñanza da Terra cun diámetro menor de 50 m''<nowiki/>', e as novas definicións da UAI da asemblea do [[22 de agosto]] de [[2006]], que distinguen [[planeta]], [[planeta anano]], [[satélite]] e corpo menor do Sistema Solar. A actual definición de meteoroide estabelecida pola [[Unión Astronómica Internacional]] (IAU) no seu XI Asemblea Xeral (1961) é a de '''un obxecto sólido que se move no espazo interplanetario, dun tamaño considerabelmente máis pequeno que un asteroide e considerabelmente máis grande que un átomo ou molécula''<nowiki/>'. Porén, considérase desfasada, pouco precisa e amplamente errónea.
2.518

edicións