Diferenzas entre revisións de «Meteoroide»

sen resumo de edición
(Nova páxina: "Un meteoroide é un corpo menor do Sistema Solar de, aproximadamente, entre 100 µm até 50 m (de diámetro máximo). O límite superior de tamaño, 50 m, emprégase para diferenc...")
 
Un '''meteoroide''' é un [[corpo menor]] do [[Sistema Solar]] de, aproximadamente, entre 100 [[µm]] até 50 m (de diámetro máximo). O límite superior de tamaño, 50 m, emprégase para diferencialo dos [[cometa|cometas]] e dos [[Asteroide|asteroides]], mentres que o límite inferior de tamaño, 100 µm, se emprega para diferencialo do [[po cósmico]], porén, os límites de tamaño non adoitan empregarse moi estritamente sendo ambigua a designación dos obxectos que se atopen próximos a estes límites.
 
Na práctica, esta é a definición máis empregada, que deriva da definición da [[Royal Astronomical Society]], "'<nowiki/>''corpo celeste de entre 100 µm e 10 m"'<nowiki/>'',<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos = Beech|nome = Martin|ano = 1995|título = On the Definition of the Term Meteoroi|url = http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?|revista = |número = 3|páxinas = 281–284|editor = |dataacceso = 31 de agosto de 2006}}</ref> combinada coa definición de ''near-Earth meteroid'' (extrapolada a meteoroides tamén non próximos á Terra), "'<nowiki/>''obxectos con órbitas na veciñanza da Terra cun diámetro menor de 50 m"''<nowiki/>', e as novas definicións da UAI da asemblea do [[22 de agosto]] de [[2006]], que distinguen [[planeta]], [[planeta anano]], [[satélite]] e corpo menor do Sistema Solar. A actual definición de meteoroide estabelecida pola [[Unión Astronómica Internacional]] (IAU) no seu XI Asemblea Xeral (1961) é a de "'''un obxecto sólido que se move no espazo interplanetario, dun tamaño considerabelmente máis pequeno que un asteroide e considerabelmente máis grande que un átomo ou molécula"''<nowiki/>'. Porén, considérase desfasada, pouco precisa e amplamente errónea.
 
A maioría dos meteoroides son fragmentos de cometas e asteroides, aínda que tamén poden ser rochas de satélites ou planetas que foron expulsadas en grandes impactos ou simplemente restos da formación de Sistema Solar. Cando entra na [[atmosfera]] dun planeta, o meteoroide se quenta e se vaporiza parcial ou completamente. O gas que fica na traxectoria seguida polo meteoroide [[Ionización|ionízase]] e brilla. O rastro de vapor brillante chámase tecnicamente meteoro, aínda que o seu nome común é estrela fugaz. Denomínanse [[bólido|bólidos]] aqueles meteoros cuxa magnitude aparente é inferior a -4 (a menor valor da [[magnitude aparente]], maior brillo), que é aproximadamente a magnitude aparente do planeta [[Venus]], que de entre todas as estrelas e planetas é o corpo máis brillante dende a Terra. Daqueles bólidos de magnitude aparente inferior á da [[Lúa chea]] (-12,6), os superbólidos, poden sobrevivir fragmentos que cheguen ao chan; estes fragmentos son denominados [[meteorito|meteoritos]]. A maioría dos meteoritos terrestres, bardante os metálicos de grandes dimensións, proceden de meteoroides.
 
==Exemplos de meteoroides==
2.518

edicións