Meteoroide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Nova páxina: "Un meteoroide é un corpo menor do Sistema Solar de, aproximadamente, entre 100 µm até 50 m (de diámetro máximo). O límite superior de tamaño, 50 m, emprégase para diferenc..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2015 ás 13:18

Un meteoroide é un corpo menor do Sistema Solar de, aproximadamente, entre 100 µm até 50 m (de diámetro máximo). O límite superior de tamaño, 50 m, emprégase para diferencialo dos cometas e dos asteroides, mentres que o límite inferior de tamaño, 100 µm, se emprega para diferencialo do po cósmico, porén, os límites de tamaño non adoitan empregarse moi estritamente sendo ambigua a designación dos obxectos que se atopen próximos a estes límites.

Na práctica, esta é a definición máis empregada, que deriva da definición da Royal Astronomical Society, "corpo celeste de entre 100 µm e 10 m", combinada coa definición de near-Earth meteroid (extrapolada a meteoroides tamén non próximos á Terra), "obxectos con órbitas na veciñanza da Terra cun diámetro menor de 50 m", e as novas definicións da UAI da asemblea do 22 de agosto de 2006, que distinguen planeta, planeta anano, satélite e corpo menor do Sistema Solar. A actual definición de meteoroide estabelecida pola Unión Astronómica Internacional (IAU) no seu XI Asemblea Xeral (1961) é a de "un obxecto sólido que se move no espazo interplanetario, dun tamaño considerabelmente máis pequeno que un asteroide e considerabelmente máis grande que un átomo ou molécula". Porén, considérase desfasada, pouco precisa e amplamente errónea.

A maioría dos meteoroides son fragmentos de cometas e asteroides, aínda que tamén poden ser rochas de satélites ou planetas que foron expulsadas en grandes impactos ou simplemente restos da formación de Sistema Solar. Cando entra na atmosfera dun planeta, o meteoroide se quenta e se vaporiza parcial ou completamente. O gas que fica na traxectoria seguida polo meteoroide ionízase e brilla. O rastro de vapor brillante chámase tecnicamente meteoro, aínda que o seu nome común é estrela fugaz. Denomínanse bólidos aqueles meteoros cuxa magnitude aparente é inferior a -4 (a menor valor da magnitude aparente, maior brillo), que é aproximadamente a magnitude aparente do planeta Venus, que de entre todas as estrelas e planetas é o corpo máis brillante dende a Terra. Daqueles bólidos de magnitude aparente inferior á da Lúa chea (-12,6), os superbólidos, poden sobrevivir fragmentos que cheguen ao chan; estes fragmentos son denominados meteoritos. A maioría dos meteoritos terrestres, bardante os metálicos de grandes dimensións, proceden de meteoroides.

Exemplos de meteoroides

Referencias