Casa das Artes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 24:
 
== Historia ==
O actual emprazamento do museo ocupa o espazo ocupado anteriormente polo antigo [[Ministerio de Economía e Facenda]], na rúa Policarpo Sanz 15. O edificio, deseñado na década dos trinta, albergou a sede do [[Banco de España]] en Vigo dende [[1939]] ata mediados da década dos oitenta, cando o Ministerio de Economía e Facenda decidiu pechar tódalas sucursais do banco emisor que non estiveran en capitais de provincia .<ref name="Casa das Artes"/> .
O proxecto, asinado por [[Romualdo de Madariaga]] en setembro do [[1938]], e a intención da súa edificación xa partía de antes do golpe de estado do [[18 de xullo]] do [[1936]]. O edificio caracterízase polo seu chafrán central, que constitúe a súa principal seña de identidade, co que rompe a esquina das rúas [[Rúa Reconquista de Vigo|Rúa Reconquista]] e Policarpo Sanz. A planta atópase aliñada coa rúa de [[Policarpo Sanz]], dándolle unha pequena elevación sobre a rasante, que se resolve cunha curta escalinata, de xeito que o soto reciba iluminación exterior das fiestras que asoman pola rúa Reconquista.
Liña 33:
Na planta baixa do centro atópase o arquivo fotográfico Pacheco, colección composta por 140.000 fotografías de Vigo feitas por [[Jaime de Sousa Guedes Pacheco]] e os seus fillos Jaime e Alberto dende o ano [[1879]] ata [[1970]].<ref>[http://www.vigometropolitano.com/article.php3?id_article=3547 El Archivo Pacheco de la Casa das Artes cuenta con un total de 140.000 fotografías, de las que 38.000 han sido digitalizadas]</ref>
 
No segundo andar, se encontra a Colección Torras formada por 50 cadros doados e 17 cedidos en réxime de depósito,<ref>[http://www.vigo-virtual.com/casa-das-artes/3-38-16-38.htm vigo-virtual.com]</ref> polo artista [[Vigo|vigués]] [[Luís Torras]].
 
No terceiro andar atópase a Fundación Laxeiro, onde se pode atopar a colección do pintor [[Lalín|lalinense]] [[Xosé Otero Abeledo]], coñecido como Laxeiro, un dos máis importantes expoñentes das vangardas históricas galegas. Ademais realízanse exposicións temporais de artistas contemporáneos.
Liña 40:
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* «Casa das Artes» en ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''.
 
{{LugaresdeintereseVigo}}