Partido Popular Europeo (grupo parlamentario) (editar)
Revisión como estaba o 21 de agosto de 2015 ás 07:45
, hai 8 anosBot: Cambio o modelo: CRO; cambios estética
m (engado a Categoría:Partido Popular Europeo mediante HotCat) |
m (Bot: Cambio o modelo: CRO; cambios estética) |
||
Este núcleo euroescéptico recuperou o nome de Demócratas Europeos e brevemente o grupo parlamentario denominouse PPE-DE. Con esa composición, o PPE-DE converteuse no grupo parlamentario máis numeroso da Eurocámara logo das [[eleccións ao Parlamento Europeo de 1999]]. A crise para a aprobación dos orzamentos que enfrontou os democristiáns cos socialdemócratas, e que levou por diante a [[Comisión Europea|Comisión]] que presidía [[Jacques Santer]], acabou tamén por dinamitar o propio grupo parlamentario. Logo das [[eleccións ao Parlamento Europeo de 2009]] o [[Partido Conservador (Reino Unido)|Partido Conservador británico]] e o [[Partido Democrático Cívico]] [[República Checa|checo]] abandonaron o PPE para formar canda outras formacións o grupo parlamentario dos [[Conservadores e Reformistas Europeos]] o [[22 de xuño]] de [[2009]]. Como consecuencia desa formación, o subgrupo dos Demócratas Europeos desapareceu e o grupo redenominouse como Partido Popular Europeo unicamente. Malia esta escisión, o grupo parlamentario do PPE continuou a ser o máis numeroso da [[Parlamento Europeo|Eurocámara]].
=== Cargos de relevancia ===
O grupo democristián proveu de moitos dos grandes persoeiros da política europea. Así, deu quince [[presidente do Parlamento Europeo|presidentes]] do Parlamento Europeo (ou dos seus equivalentes anteriores), máis da metade de todos eles: os [[italia]]nos [[Alcide de Gasperi]] ([[1954]]) e [[Giuseppe Pella]] ([[1954]]-[[1956|56]]); o [[República Federal Alemá|alemán]] [[Hans Furler]], que o fixo en dous períodos, de [[1956]] a [[1958]] e de [[1960]] a [[1962]], e que foi o único presidente da Eurocámara que o foi en dúas ocasións; o [[Francia|francés]] [[Robert Schuman]] ([[1958]]-[[1960|60]]); os [[Bélxica|belgas]] [[Jean Duvieusart]] e [[Victor Leemans]], de [[1964]] a [[1965]] e dese ano a [[1966]], respectivamente; o [[Francia|francés]] [[Alain Poher]] ([[1966]]-[[1969|69]]); os italianos [[Mario Scelba]] ([[1969]]-[[1971|71]]) e [[Emilio Colombo]] ([[1977]]-[[1979|79]]); o francés [[Pierre Pflimlin]] ([[1984]]-[[1987|87]]); o [[Alemaña|alemán]] [[Egon Klepsch]] ([[1992]]-[[1994|94]]); o [[España|español|José María Gil-Robles]] ([[1997]]-[[1997|97]]); a francesa [[Nicole Fontaine]] ([[1999]]-[[2002|02]]), o alemán [[Hans-Gert Pöterring]] ([[2007]]-[[2009|09]]); e o polaco [[Jerzy Buzek]] do [[2009]] ao [[2012]], que foi o primeiro presidente do parlamento que procedía do Leste de Europa.
|style align="center"|5
|-
|{{
|[[Unión Democrática Croata]]
|style="background:silver"|
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.eppgroup.eu/ Web oficial do Grupo]
[[Categoría:Grupos parlamentarios na Eurocámara|Popular]]
|