Diferenzas entre revisións de «Especiación»

m
estimación (DRAG) ; estima é outra cousa (un sentimento)
Sem resumo de edição
m (estimación (DRAG) ; estima é outra cousa (un sentimento))
Se as barreiras chegan a desaparecer sen que transcorrese [[tempo]] suficiente para que se produza a especiación, ó xuntárense as subespecies formadas, pódense cruzar entre elas mesturándose así as variacións xenéticas que puideran experimentar ó longo de todo ese tempo.
 
A duración dos fenómenos de especiación non foi estimada na [[biosfera]] actual porque aínda non se viu aparecer unha nova especie en condicións naturais. EstimasEstimacións de especiacións moi numerosas en lapsos de tempo relativamente curtos foron realizados nalgunhas [[illa]]s, como por exemplo en [[Hawai]] con [[Drosophila]], porén, semiespecies capaces de hibridar parecen terse mantido en tal situación durante millóns de anos.
 
A variación, ou variabilidade xenética, é un aspecto moi importante á hora de entender o concepto de especiación. No marco dunha simple especie ten moitas implicacións en case tódolos aspectos da [[bioloxía]], especialmente na interpretación das especies e os procesos de especiación. Este concepto refírese ós cambios que se producen no material xenético dunha [[poboación]] ou especie que pode estar causada por fenómenos como a [[mutación]], recombinacións ou alteracións no [[cariotipo]]. [[Taxonomía|Taxónomos]], [[Xenética|xenetistas]], [[Evolución|evolucionistas]] e [[Ecoloxía|ecólogos]] incrementaron o interese polo seu estudio en maior profundidade, xa que se pensa que a variación por debaixo do nivel específico, encerra a clave para entender a orixe das especies.
205.497

edicións