Comarca do Morrazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 17:
É a comarca máis pequena de Galiza (140,7 km², o 0,47% de Galiza). Tiña 83.613 habitantes no 2014, e é unha das cinco máis densamente poboadas (579,7 hab/km²).
 
É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a [[Península do Morrazo]], que abrangue tamén o concello de [[Vilaboa]] (agás a parroquia de [[Santa Comba de Bértola, Vilaboa|Bértola]] e unha parte da de [[Figueirido, Vilaboa|Figueirido]], e o barrio de [[Paredes, Vilaboa, Vilaboa|Paredes]] na parroquia de [[Vilaboa, Vilaboa|Vilaboa]]). Tamén forma parte da península as parroquias [[Pontevedra|pontevedresas]] de [[Lourizán, Pontevedra|Lourizán]] e a maior parte da de [[Salcedo, Pontevedra|Salcedo]]. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no [[arciprestado]] do Morrazo]].
 
O concello de [[Vilaboa]], malia pertencer ó [[partido xudicial de Cangas]], foi integrado na [[comarca de Pontevedra]] debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.