Glándula suprarrenal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 15:
 
;Zona glomerulosa (externa)
:A capa máis externa, a [[zona glomerulosa]] contén células cilíndricas de núcleo que se tingue fortemente cun extenso [[retículo endoplasmático]] liso e un [[aparato de Golgi]] grande. Esta zona é o principal sitio de produción de [[mineralocorticoide]]s, principalmente [[aldosterona]], que é en gran medida responsable da regulación a longo prazo da presión sanguínea. Os efectos da [[aldosterona]] afectan ao túbulo contorneado distal e ao conduto colector dos [[nefrón]]s dos riles, onde causa un incremento da reabsorción de sodio e un incremento da excreción de potasio (polas células principais) e de H<sup>+</sup> (polas células intercaladas do conduto colector). A retención de sodio é tamén realizada polos condutos das [[glándula salivar|glándulas salivares]], polo colon distal, e polas [[glándula sudorípara|glándulas sudoríparas]] ao seren estimulados os seus receptores de aldosterona. O principal estímulo para producir aldosterona é a [[anxiotensina II]], entanto que a [[ACTH]] da [[hipófise]] só produce un efecto transitorio. A anxiotensina é estimulada polas [[célula xustaglomerular|células xustaglomerulares]] cando a presión sanguínea renal cae por debaixo de 90 mmHg. <ref name=Kaplan.Physio>{{cita libro|título=Kaplan USMLE Step 1 Physiology Lecture Notes|ano=2011|páxinas=263-289|autor=Dunn R. B., Kudrath W., Passo S.S., Wilson L.B.|páxinas=263-289|lingua=English|capítulo=10}}</ref>
;Zona fasciculada
:Situada entre a glomerulosa e a reticular, a zona fascicular supón o 78% do córtex, e está formada por células poliédricas grandes formando columnas, cun gran retículo endoplasmático liso e gran aparato de Golgi e moitas [[mitocondria]]s e pingas lipídicas citoplasmáticas. Os encimas necesarios para a síntese hormonal a partir do colesterol están nas mitocondrias e retículo endoplasmático liso <ref name=Fawcett/>. Esta zona é responsable da produción de [[glicocorticoide]]s, como o [[11-desoxicorticosterona]], [[corticosterona]], e [[cortisol]] nos humanos. O cortisol é o principal glicocorticoide en condicións normais e as súas accións inclúen a mobilización das graxas, proteínas, e carbohidratos, pero non as incrementa en condicións de desnutrición. <ref name=Kaplan.Physio /> Adicionalmente, o cortisol potencia a actividade doutras hormonas como o [[glicagón]] e as [[catecolamina]]s. A zona fasciculada segrega niveis basais de cortisol pero pode tamén producir picos da hormona en resposta á [[hormona adrenocorticotropa]] (ACTH) da [[adenohipófise]] ou pituitaria anterior.