Fotografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
aprimoramento -> perfeccionamento
Lameiro (conversa | contribucións)
19 de agosto: día internacional da fotografía
Liña 6:
 
A fotografía pode ser clasificada baixo a máis ampla denominación de tratamento de imaxes, e debido a isto, fascinou tanto a científicos como a artistas dende os seus inicios. Os científicos, sobre todo, aproveitaron a súa capacidade para plasmar con precisión todo tipo de circunstancias e estudos, tales como os estudos sobre locomoción humana e animal de [[Eadweard Muybridge]] ([[1887]]). Os artistas tamén foron seducidos por estes aspectos pero trataron sempre de ir máis alá da mera representación foto-mecánica da realidade.
 
Desde 1991, o día [[19 de agosto]] celébrase o '''Día Internacional da Fotografía'''. En tal día do ano [[1839]], as autoridades francesas anunciaron publicamente a patente do ''[[daguerrotipo]]'', o sistema desenvolvido por [[Louis Daguerre]] nese mesmo ano e que se considera o precursor da [[fotografía]] moderna.
 
== Historia ==