Abrir o menú principal

Cambios

De Lubac non refugou ningún debate, defendeu as ideas avanzadas de [[Teilhard de Chardin]], no seu intento de compatibilizar [[ciencia]] e [[fe (relixión)|fe]], teoloxía e [[Teoría da evolución|evolucionismo]]. Abordou tamén o fenómeno do [[ateísmo]], que xulga máis ben un [[antiteísmo]] comprensible como rexeitamento a un cristianismo inauténtico, gris, moralista e insolidario.
 
Pero o seu espírito libre fíxolle non casarsecasar con ninguén. Refugou o nomeamento como cardeal por [[Paulo VI]] en contestación aos abusos da curia e a súa esixencia, para el improcedente, de que os cardeais sexan antes ordenados bispos. Debateu con profundidade e altura fronte ao que considerou un desorde postconciliar acrítico e superficial, demasiado proclive a adaptarse a todo o novo e o efémero. Na súa análise do ateísmo contemporáneo, conclúe que un [[humanismo]] sen transcendencia é un humanismo inhumano.
 
En 1972, xunto con [[Hans Urs von Balthasar]] e Joseph Ratzinger, sacou á luz a revista ''Communio'', concibida como un foro de intercambio cultural e clarificación teolóxica tras o Concilio.
172.952

edicións