Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 27:
 
== Casamento ==
O casamento fora negociado polo seu pai, D. [[Manuel I de Portugal|Manuel I]], que morrendo antes de finalizalo, deixouno recomendado en testamento ao seu sucesor no codicilo do 11 de decembro de 1521. Así, o 6 de Outubro de 1525 era asinado en Torres Novas o contrato. A noiva levou por dote a exorbitante contía de 900 mil cruzados portugueses, ou dobras castelás. [[Carlos V]], o seu noivo e seu curmán directo, era entón aínda só Carlos I, rei das Coroas de [[Coroa de Aragón|Aragón]] e [[Coroa de Castela|Castela]], duque da Borgoña e varios outros feudos: só catro anos despois será electo emperador do Sacro Imperio, tornándose xerarquicamente o máis alto soberano da Cristiandade, con xurisdición sobre a Alemaña e varios reinos e señoríos da [[Península Ibérica]], Italia, Francia e Flandres, estendendo ao mundo a súa influencia política e o poder das súas armas; porén, como todos os soberanos do [[Renacemento]], foi varias veces grazas a recorrer a grandes familias de banqueiros, como os Fugger, non só para financiar o seu acceso á coroa imperial, como tamén os seus proxectos político-militares. Por iso mesmo Carlos prometera, anteriormente, a Henrique VIII casarsecasar con súa filla, Maria, de quen igualmente era curmán directo, en 1522 (cando esta tiña só seis anos) - mais preferiu aceptar a consorte portuguesa, cuxa alianza e cuxo dote inmediato eran moito máis significativos na Europa do tempo, e lle traían a liquidez necesaria para a compra do trono imperial.
 
Así, a princesa casou en Almeirim, o 1 de novembro de 1525, co seu curmán Carlos, representado polo embaixador Carlos Popeto; e partiu en xaneiro de 1526 rumbo a Elvas con grande e rica comitiva. Cegado coa súa beleza, Carlos V deulle ao casar por nova divisa as tres grazas, tendo a primeira delas a rosa, símbolo da fermosura; a segunda o ramo de murta, símbolo do amor; e a terceira, a coroa de carballo, símbolo da fecundidade.