Diferenzas entre revisións de «Fronteira»

sen resumo de edición
(Arabia Saudí por Arabia Saudita, forma recollida pola RAG)
{{Sen referencias|data=agosto de 2015}}
[[Ficheiro:Alfándega Chaves.jpg|miniatura|dereita|250px|Edificio da alfándega na [[A Raia|Raia]] entre [[Galiza]] e [[Portugal]], que deixou de ter uso en 1992 ao adoptaren España e mais Portugal o [[Acordo de Schengen]].]]
 
Unha '''fronteira''' define o [[linde|límite]] [[xeografía|xeográfico]] de entidades políticas ou xurisdicionais, tales como [[goberno]]s, [[estado]]s, ou tamén subdivisións administrativas de tales estados ou [[país]]es.
Antigamente, moitas fronteiras non estaban definidas claramente por liñas, senón por zonas neutrais chamadas "[[marcas]]" (así a "[[Marca Hispánica]]" de [[Carlomagno]]). Isto aínda se reflectía en tempos recentes nas zonas neutrais establecidas nas fronteiras de [[Arabia Saudita]] con [[Kuwait]] e [[Iraq]] (aínda que xa non existen tales zonas).
 
A maioría dos países contan con algunha forma de control de fronteiras, de cara a restrinxir o movemento de persoas, animais e/ou [[mercadoría]]s, ben para entrar ou ben (ou tamén) para saír do país. Para o cruce das fronteiras son entón necesarios [[pasaporte]]s e [[visavisado]]s (visados), ou outras formas de documento de identidade. Para a permanencia máis alá de certo tempo dentro de fronteiras de países estranxeiros, é posible que sexa necesario documentos especiais de [[inmigración]] ou permisos que autoricen tal estadía.
 
[[Categoría:Xeografía]]
179.638

edicións