Xustino I: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Finados en 527 mediante HotCat |
Sen resumo de edición |
||
Liña 6:
Xustino, que era un militar sen os coñecementos nin a visión precisos para gobernar o estado bizantino, rodeouse de conselleiros de confianza. O máis destacado deles foi sen dúbida o seu sobriño, Flavio Petro Sabacio, ao que adoptou como fillo e ao que deu o nome, polo que pasou á historia, de [[Xustiniano I|Xustiniano]]. Aínda que se di con frecuencia que Xustiniano rexeu os destinos do Imperio xa en vida do seu tío, como afirma o historiador [[Procopio de Cesarea|Procopio]], é probábel que non fose así, xa que só foi investido como sucesor meses antes da morte de Xustino.
En [[525]], Xustino derrogou unha lei que prohibía aos membros da clase senatorial contraer matrimonio cunha muller de clase inferior, o cal foi considerado escandaloso na época. Grazas a este edicto, Xustiniano puido
Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polas disputas cos [[ostrogodo]]s, conseguindo aquietar a [[Teodorico o Grande|Teodorico]] ao renunciar Xustino a nomear cónsules, e os [[Imperio Sasánida|persas]] pola rexión de [[Lazica]], a antiga [[Cólquida]] e que vai provocar unha guerra que non vai ter un vencedor claro. En 526 a súa saúde comezou a declinar, e nomeou formalmente sucesor a Xustiniano o 1 de abril de [[527]]. Morreu o 1 de agosto dese mesmo ano.
|