Lipoproteína de alta densidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 12:
Debido ao alto custo de medir directamente as cantidades de partículas HDL e LDL, para medir o colesterol sanguíneo o que se realiza son análises de sangue para medir un valor estimado, chamado colesterol HDL ou HDL-C, que é o colesterol asociado con partículas [[Apolipoproteína A1|ApoA-1]]/HDL. En individuos sans, as HDL transportan aproximadamente o 30% do colesterol sanguíneo, xunto con outras graxas.<ref name="am180">{{Cite web|url=http://www.americanheart.org/presenter.jhtml?identifier=180 |title=LDL and HDL Cholesterol: What's Bad and What's Good? |publisher=[[American Heart Association]] |date=2 July 2009 |accessdate=8 October 2009}}</ref> Isto é xeralmente comparado coa cantidade de colesterol que se estima transportan no seu interior as LDL, denominado colesterol LDL ou LDL-C. As partículas HDL retiran graxas e colesterol das células, incluíndo as dos [[ateroma]]s das paredes arteriais, e transpórtanos de volta ao fígado para que sexa excretado ou reutilizado; así o colesterol transportado nas partículas HDL (HDL-C) denomínase ás veces "colesterol bo" (aínda que quimicamente ese colesterol é idéntico ao que levan as LDL, que se considera "malo"). As persoas que teñen altos niveis de HDL-C tenden a presentar menores problemas [[enfermidade cardiovascular|cardiovasculares]], mentres que os que teñen un HDL-C baixo (especialmente se é de menos de 40&nbsp;mg/dL ou aproximadamente 1&nbsp;mmol/L) teñen maiores taxas de doenzas cardíacas.<ref>{{Cita publicación periódica | author = Toth PP | title = The "Good Cholesterol" High-Density Lipoprotein | journal = Circulation | volume = 111 | issue = 5 | pages = e89–e91 | year = 2005 | pmid = 15699268 | doi = 10.1161/01.CIR.0000154555.07002.CA | url = http://circ.ahajournals.org/cgi/content/full/111/5/e89 | accessdate = 2 June 2011}}</ref> Niveis de HDL nativos máis altos están correlacionados cunha mellor saúde cardiovascular;<ref>{{cite web | url= http://eurheartjsupp.oxfordjournals.org/content/8/suppl_F/F4.full | last=Sirtori | first=Cesare R. | title=HDL and the progression of atherosclerosis: new insights | date=October 2006 | work=European Heart Journal Supplements}}</ref> pero non parece que incrementar máis o nivel natural de HDL dunha persoa mellore os resultados cardiovasculares.<ref name="National Institute of Health">{{cite web|title=NIH stops clinical trial on combination cholesterol treatment|url=http://www.nih.gov/news/health/may2011/nhlbi-26.htm|work=National Institute of Health|publisher=National Heart, Lung, and Blood Institute (NHLBI)|accessdate=2 June 2011}}</ref>
 
O resto que queda do colesterol do soro despois de restar o do HDL denomínase '''colesterol non HDL''' ou '''non-HDL-C''', que pode causar [[ateroma]]s. Agora empeza a preferirse este valor en vez do LDL-C como marcador secundario, xa que predí mellor e é máis fácil calculalo.<ref>{{citationcita libro|author=M.J. Sorrentino |page=86–87 |title=Hyperlipidemia in Primary Care |chapter=Non-HDL-Cholesterol |year=2011 |isbn=9781603275026}}</ref>
 
== Estrutura e función ==