Vitoria do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *Sudáfrica -> Suráfrica
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 226:
Seguindo un costume que mantivo durante toda o seu viudez, Vitoria pasou o seu último Nadal en [[Osborne House]] -que o príncipe Alberte deseñara por si mesmo-, na [[illa de Wight]]. O reumatismo das súas pernas impedíalle andar e a súa visión estaba moi afectada polas [[cataratas]].<ref>Hibbert, pp. 464-466, 488-489; Strachey, p. 308; Waller, p. 442</ref> A principios de xaneiro afirmou sentirse «mal e débil»,<ref>Hibbert, p. 492; Longford, p. 559 e St Aubyn, p. 592</ref> e a mediados de mes escribiu no seu diario que se atopaba «somnolenta (...) mareada e confusa».<ref>Hibbert, p. 492</ref> Morreu alí, debido á debilidade da súa saúde, o martes [[22 de xaneiro]] de [[1901]], ás 6:30, con 81 anos. No seu leito de morte estaba acompañada polo seu fillo e futuro rei, [[Eduardo VII do Reino Unido|Eduardo]], e o seu neto maior, o emperador alemán [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]].<ref>Longford, p. 561; St Aubyn, p. 598</ref>
 
En 1897 Vitoria deixara escritas as instrucións para a súa funeral, que quería que fose militar, xa que era filla dun soldado e xefe do exército,<ref>Matthew, H. C. G.; Reynolds, K. D. (2004; edición en liña outubro de 2009) "Vitoria (1819-1901)" {{en}}</ref> e que a cor dominante fose o branco e non o negro.<ref>Hibbert, p. 497; Longford, p. 563</ref> O 25 de xaneiro o rei Eduardo, o káiser Guillerme e o príncipe [[Artur de Saxonia-Coburgo-Gotha|Artur]] axudaron a levar o ataúde.<ref>St Aubyn, p. 598</ref> A raíña estaba vestida co seu veo de noiva.<ref>Longford, p. 563</ref> A petición súa, o médico e as criadas que a vestiron colocaron tamén varias fotografías e obxectos da súa numerosa familia e dos seus criados no ataúde. Así, colocaron unha camisa de durmir de Alberte ao seu lado xunto cun molde de xeso da súa man e unha fotografía e un mechón de pelo de John Brown que esconderon na parte esquerda, debaixo dun ramo de flores.<ref>Hibbert, p. 498</ref> Varias xoias foron enterradas xunto con Vitoria, incluíndo a alianza da nai de John Brown que este lle deu en 1883. O seu funeral realizouse o sábado 2 de febreiro de 1901 na [[capela de San Xurxo (Castelo de Windsor)|capela de San Xurxo]] do [[castelo de Windsor]] e, logo de dous días de velorio, foi enterrada xunto a Alberte no [[Frogmore House|mausoleo de Frogmore]], no gran parque de Windsor.<ref>{{cita web|páxina-web=findagrave.com|título=Queen Vitoria|fechaaccesodata-acceso=28 de xuño de 2012|idioma=en|url=http://findagrave.com/cgi-bin/fg.cgi?page=gr&GRid=1442}}</ref> Cando foi enterrada, empezou a nevar.<ref>Longford, p. 565; St Aubyn, p. 600</ref>
 
A morte de Vitoria supuxo o fin do poder da [[Casa de Hannover]] no Reino Unido. Como o seu marido pertencía á [[Casa de Saxonia-Coburgo e Gotha]] o seu fillo e herdeiro, Eduardo VII, foi o primeiro monarca británico desta nova dinastía.<ref>[http://www.royal.gov.uk/HistoryoftheMonarchy/KingsandQueensoftheUnitedKingdom/Saxe-Coburg-Gotha/Saxe-Coburg-Gotha.aspx, "The Official Website of the British Royal Family - Saxe-Coburg-Gotha", Visitado el 28 de junio de 2012] {{en}}</ref>