Metabolismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 38:
[[Ficheiro:Trimyristin-3D-vdW.png|miniatura|250px|Estrutura dun [[triglicérido]].]]
 
A maior parte das estruturas que compoñen os seres vivos están formadas por [[proteína]]s, [[carbohidrato]]s, [[lípido]]s e [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]]. Estas moléculas están formadas por outras máis pequenas que se unen formando os [[polímero]]s e outras macromoléculas biolóxicas. Entre estas moléculas básicas están os [[aminoácido]]s, [[monosacárido]]s, [[nucleótido]]s e [[ácido graxo|ácidos graxos]]. Como estas moléculas son vitais para a vida, o metabolismo céntrase en sintetizalas a partir doutras moléculas máis pequenas e fáciles de obter, pero algunhas non poden ser sintetizadas polo metabolismo de moitos animais, polo que se deben obter da dieta, como ocorre cos [[aminoácido esencial|aminoácidos esenciais]], os [[ácido graxo esencial|ácidos graxos esenciais]] e as [[vitamina]]s, pero outros seres vivos si poden sintetizalas. Algunhas moléculas utilízanse para obter enerxía a partir delas, outras teñen unha función estrutural ou plástica, outras son moléculas catalíticas ou reguladoras. As moléculas con función enerxética son destruídas durante a súa degradación; as outras son en xeral recicladas. As moléculas catalizadoras e reguladoras, como os [[encima]]s, [[coencima]]s e [[vitamina]]s son moi importantes para o funcionamento do metabolismo. Os coencimas transportan [[grupo funcional|grupos químicos]] entre substratos colaborando cos encimas, e adoitan ter unha porción da súa molécula derivada dalgunha vitamina. Moitas reaccións do metabolismo serían imposibles sen a presenza destes coencimas e vitaminas. Ademais, no metabolismo son moi importantes as substancias inorgánicas do noso corpo, como a auga e os sales minerais. Todo o metabolismo ten lugar en disolución acuosa e a auga pode intervir directamente nas reaccións de [[hidrólise]]. Os sales minerais forman ións que interveñen na catálise encimática, entre outras funcións.<ref name=educa>{{Cita web|url=http://www.educa.rcanaria.es/usr/iesgalletas/tato/departamentos/biolog%C3%ADa/Apuntes/Tema%206%20-%20LA%20C%C3%89LULA,%20ESTRUCTURA%20Y%20FISIOLOG%C3%8DA.PDF|título=La célula, estructura y fisiología |fechaaccesodata-acceso=26-10-2007 |formato=[[PDF]] |obra=Consejería de Educación |editor=[[Gobierno de Canarias]]}}</ref><ref name=Nelson>{{cita libro | autor= Nelson DL, Cox MM| título= Lehninger Principles of Biochemistry | editorial= W. H. Freeman and company | data= 2005 | lugar= New York | páxinas= 841 | isbn= 0-7167-4339-6}}</ref><ref name=Wimmer>{{Cita publicación periódica|autor=Wimmer M, Rose I |título=Mechanisms of enzyme-catalyzed group transfer reactions |revista=Annu Rev Biochem |volume=47 |número= |páxinas=1031-78 |ano=1978 |pmid=354490}}</ref><ref name=Heymsfield>{{Cita publicación periódica|autor=Heymsfield S, Waki M, Kehayias J, Lichtman S, Dilmanian F, Kamen Y, Wang J, Pierson R |título=Chemical and elemental analysis of humans in vivo using improved body composition models |revista=Am J Physiol |volume=261 |número=2 Pt 1 |páxinas=E190-8 |ano=1991 |pmid=1872381}}</ref>
 
Na seguite táboa móstranse os biopolímeros máis comúns: