Albrecht Dürer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 47:
=== Primeira viaxe a Italia ===
[[Ficheiro:Durer Young Hare.jpg|miniatura|''A lebre'' (1502)]]
En 1494, despois de casar con Agnes Frey en Núremberg, Dürer marchou só para [[Italia]], talvez debido a un brote de [[peste negra]] en [[Núremberg]]. Durante a viaxe a través dos Alpes realizou bosquexos en acuarela. Algúns sobreviviron e outros poden deducirse das precisas paisaxes de lugares reais en traballos posteriores, como por exemplo nunha vista do castelo de [[Trento]] ([[National Gallery]] de Londres). Estes son os primeiros estudos puros de paisaxe coñecidos na arte occidental.<ref>{{Cita libro|autor=Michael Clarke|título=Watercolor|editor=Dk Pub|ano=2000|isbn =9780789468178}}</ref> Tamén, coma [[Leonardo da Vinci]], atraíallelle atraía moito a natureza e realizou estudos de animais e plantas que plasmou en debuxos e acuarelas; entre os máis divulgados cabe citar ''A lebre'', pintado no ano [[1502]].<ref name="hae"> Historia da Arte Espasa (2004)</ref> De [[Venecia]] destacan os gravados ''Bacanal'', ''A batalla dos centauros mariños'' e ''Morte de Orfeo'', todos copias de obras do pintor italiano [[Andrea Mantegna]], que seguramente fixo que descubrise o [[Renacemento italiano]].<ref name="Fossi2"/>
 
En [[Italia]] foi a Venecia a estudar o seu mundo artístico máis avanzado. A través da tutela de Wolgemut,<ref name="pri">Panofsky, Erwin (1982) páx. 32</ref> Dürer aprendeu como realizar impresións en gravado a punta seca e deseños xilográficos ao estilo alemán, baseados nos traballos de Martin Schongauer e Meester van het Hausbuch. Tamén puido ter acceso a algúns traballos italianos en Alemaña, pero as dúas visitas que realizou a Italia tiveron unha enorme influencia nel. Escribiu que [[Giovanni Bellini]] era o máis antigo e continuaba sendo o mellor artista de Venecia. Os seus debuxos e gravados amosan as influencias alleas, nas que destacan [[Antonio Pollaiuolo]] co seu interese polas proporcións do corpo, Mantegna e Lorenzo di Credi e mais outros. Dürer probablemente tamén visitou [[Padua]] e [[Mantua]] nesta viaxe.
Liña 66:
No seu regreso á súa cidade natal en [[1495]], Dürer abriu o seu propio taller, para o que era un requirimento estar casado. Durante os seguintes cinco anos medrou a influencia italiana no seu estilo, fundamentalmente composto por formas do norte. Seu pai morreu en [[1502]], e a nai en [[1513]]. Os seus mellores traballos nos primeiros anos do obradoiro foron impresións xilográficas, principalmente relixiosas, pero tamén de escenas seculares. Estas eran máis grandes que a meirande parte dos gravados alemáns realizados ata ese momento, e moito máis complexas e de composición máis equilibrada.
 
Na actualidade pénsase que Dürer non cortaba el mesmo os bloques de madeira; esta tarefa debeudebeuna ser realizada porrealizar un artesán especializado. Porén, a súa formación no estudio de Wolgemut, onde fixo moitos retablos tallados e pintados e tamén realizou o deseño e os cortes dos bloques de madeira, proporcionoulle unha boa comprensión sobre a técnica de producir e traballar con bloques cortados. Dürer tamén debuxou os deseños, ben directamente sobre o propio bloque, ou ben nun papel pegado no mesmo. De calquera xeito, os seus debuxos foron destruídos durante o proceso de corte do bloque.
 
As súa famosa serie de dezaseis grandes deseños para a ''Apocalipse'' está datada en [[1498]], coma o seu gravado de ''San Miguel loitando co dragón''. Realizou as sete primeiras escenas da ''Gran paixónPaixón'' no mesmo ano, e pouco despois unha serie de once da [[Sagrada Familia (cristianismo)|Sagrada Familia]] e de santos. O políptico ''Sete Dores'', encargado por Federico III de Saxonia en [[1496]], foi realizado por Dürer e os seus axudantes contra o ano [[1500]]. Cara a 1503–1505 produciu as primeiras dezasete, dunha serie de escenas, que ilustraban a ''Vida da Virxe'', que tardou varios anos en rematar. Nin estes nin a ''Gran Paixón'' foron publicadospublicáronse como conxuntos ata varios anos máis tarde, pero as impresións vendéronse individualmente en número considerable.
 
Durante o mesmo período Dürer adestrouse na difícil arte de usar o buril para facer gravados. É posible que comezase a aprender esta habilidade durante a aprendizaxe co seu pai, xa que é esencial na ourivaría. En [[1496]] realizou ''O fillo pródigo'', que o historiador de arte do [[Quattrocento|Renacemento Italiano]] [[Giorgio Vasari]] louvou décadas máis tarde, destacando a súa calidade xermana. Non tardou en producir algunhas orixinais e espectaculares imaxes, destacando ''Némesis'' ([[1502]]), ''O monstro mariño'' ([[1498]]) e ''Santo Eustaquio'' (c. [[1501]]), cunha paisaxe e uns animais de fondo moi detallados. As paisaxes deste período, como ''Estanque no bosque'', son moi diferentes das súas acuarelas anteriores. Hai moita máis énfase na captura da atmosfera, en lugar de na representación topográfica. Realizou un feixe de "Madonnas", figuras relixiosas sinxelas, e pequenas escenas con figuras cómicas de labregos. Estas impresións e as obras moi doadas de transportar fixeron a Dürer famoso nos principais centros artísticos de Europa en poucos anos.